Etiquetas

DRAMA COMEDIA ROMANCE AVENTURAS THRILLER INTRIGA ACCIÓN FANTÁSTICO FANTASÍA ADOLESCENCIA FAMILIA ANIMACIÓN CIENCIA FICCIÓN COMEDIA DRAMÁTICA CRIME DRAMA ROMÁNTICO DRAMA SOCIAL BÉLICO PELÍCULA DE CULTO BIOGRAFÍA HISTORIA INFANCIA SÉCULO XIX II GUERRA MUNDIAL VIDA RURAL AMIZADE CINE ÉPICO MUSICAL NAZISMO BASEADO EN FEITOS REAIS POLICIAL TERROR ANOS 30 ENSINO HOMOSEXUALIDADE ANOS 40 DOCUMENTAL MELODRAMA ANOS 70 CINE INDEPENDENTE COMEDIA ROMÁNTICA DRAMA DE ÉPOCA RACISMO TRABALLO CINE MUDO CINE NEGRO COMEDIA NEGRA INFANTIL MAXIA POBREZA POSTGUERRA ESPAÑOLA AFRICA ANOS 60 ANOS 80 CINE FAMILIAR DROGAS EMPREGO FEMINISMO HOLOCAUSTO LITERATURA WESTERN ANOS 90 GUERRA CIVIL MÚSICA NATUREZA PINTURA ROAD MOVIE STOP MOTION SUSPENSE SÁTIRA ANTIGA ROMA CINE DENTRO DO CINE CÓMIC DRAMA PSICOLÓXICO EXTRATERRESTRES HISTORIAS CRUZADAS HISTÓRICO INMIGRACIÓN MAFIA PARODIA PELICULA DE CULTO REALISMO MÁXICO SÉCULO XVII VAMPIROS VINGANZA ADOPCIÓN ANOS 1900 ASESINOS EN SERIE BANDAS DE RÚAS BASEADA EN FEITOS REAIS CAPA E ESPADA CATÁSTROFES COMEDIA DE TERROR DISCAPACIDADE DRAMA XUDICIAL ESPIONAXE GUERRA MUNDIAL LETRAS GALEGAS MITOLOXÍA CLÁSICA NADAL SERIE DE TV SUPERVIVENCIA SÉCULO XVIII ACOSO ESCOLAR ANIMAIS ANOS 1910 ANTIGA GRECIA ASASINOS EN SERIE AVENTURAS MARIÑAS BANDAS DAS RÚAS CASAS ENCANTADAS CAZA DEPORTE ECOLOXÍA ENFERMIDADE ESCRAVITUDE EXÉRCITO FANTASIA FIN DO MUNDO GRAN DEPRESIÓN GUERRA DE SECESIÓN IDADE MEDIA INFORMÁTICA INTERNET MATEMÁTICAS MONSTROS NOUVELLE VAGUE RELIXIÓN ROBOTS SOBRENATURAL SUPERHEROES SÉCULO XVI THRILLER PSICOLÓXICO VELLEZ VODAS XORNALISMO ÁFRICA ABUSOS SEXUAIS ADAPTACIÓN LITERARIA ALCOHOLISMO ALPINISMO AMÉRICA COLONIAL ANIMACIÓN PARA ADULTOS ANOS 20 ANOS 50 AVENTURA ESPACIAL BAILE BOLSA BRUXERÍA CABALOS CAMBIO CLIMÁTICO CINE QUINQUI CINEMA DENTRO DO CINEMA COCIÑA COLONIALISMO COMEDIA ABSURDA CONTOS CRISE DEREITOS HUMANOS DICTADURA ARXENTINA DISTOPÍA DOCUMENTAL SOCIAL DRAMA BASEADO EN FEITOS REAIS DRAMA CARCERARIO ERÓTICO ESPADA E BRUXERÍA ETA FANTASMAS FANTASÍA MEDIEVAL FUTURO POSTAPOCALÍPTICO FÚTBOL GUERRA GUERRA DE BOSNIA GUERRA DE LÍBANO GUERRA FRÍA GUERRAS NAPOLEÓNICAS HOMES LOBO HÍPICA I GUERRA MUNDIAL INSECTOS JAZZ LIBROS MARIONETAS MARVEL COMIC MEDO MUSICA NEGOCIOS PESCA PIRATAS POESÍA POLITICA POLÍTICA PREHISTORIA PROPAGANDA REMAKE SAMURAIS SECTAS SURREALISMO SÉCULO XIII SÉCULO XX TEATRO TEATRO CLÁSICO TELEFILM TELEVISIÓN TERRORISMO TRANSEXUALIDADE TRANSXÉNERO TRENS UNIDADE DIDÁCTICA VIAXES NO TIEMPO XAPÓN FEUDAL ÓPERA

LA REINA DE ÁFRICA / THE AFRICAN QUEEN, John Huston, 1951


 SINOPSE
Ao estalar a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), Charlie  Allnut (Bogart), un rudo capitán de barco con tendencia á bebida, e Rose  Sayer (Hepburn), unha estirada e  puritana misioneira, foxen das tropas alemás nunha ruinosa embarcación, coa que deben remontar un perigoso río. Son, a primeira vista, dous seres antagónicos, incompatíbeis, mais a convivencia e, sobre todo, as penalidades que terán que afrontar xuntos para sobrevivir farán cambiar radicalmente a súa relación. (FILMAFFINITY)
 
 

LA REGENTA, Gonzalo Suárez, 1974


 SINOPSE
Época da primeira Restauración  Borbónica (1875-1931). Adaptación da novela homónima de  Clarín, que narra as vicisitudes de Ana Ozores (Emma  Penella) e a  sordidez da vida en  Vetusta (Oviedo), unha cidade de provincias do norte de España. A moza Ana, casada cun rexente xubilado (Marsillach), vive oprimida pola hipocrisía  provinciana e os temores místicos dunha relixión  absorbente.  Sexualmente insatisfeita, acosada por constantes soños eróticos, revela no  confesionario os seus íntimos tormentos, e o seu  confesor, O Maxistral, comeza a sentir unha  morbosa paixón por ela. Paralelamente,  Alvaro Mesía, un  'donxoán', proponse seducila. A cidade espera compracida a caída de 'A Rexenta'.  (FILMAFFINITY)
 

 

LA QUIMERA DEL ORO / THE GOLD RUSH, Charles Chaplin, 1925


 SINOPSE
Obra mestra de Chaplin, na que interpreta a un solitario buscador de ouro que chega a Alaska, a principios de século, en busca de fortuna. Unha forte tormenta de neve levaralle a refuxiarse na cabana dun bandido. En 1942 foi reestreada en versión sonora. (FILMAFFINITY)
 
 

LA PRINCESA MONONOKE / MONONOKE-HIME, Hayao Miyazaki, 1997


 SINOPSE
Co fin de curar a ferida que lle causou un xabaril tolo, o mozo  Ashitaka sae en busca do deus Cervo, pois só el pode liberalo do  feitizo. Ao longo do seu periplo descobre como os animais do bosque loitan contra homes que están dispostos a destruír a Natureza. (FILMAFFINITY)
 


 

LA PESADILLA DE DARWIN / LE CAUCHEMAR DE DARWIN, Hubert Sauper, 2004


 SINOPSE
Na década dos anos 60, a modo de experimento, introduciuse no lago Vitoria unha nova especie animal: a  perca do  Nilo, pero este peixe resultou ser un depredador tan  voraz que exterminou todas as especies autóctonas deste xigantesco lago. O novo peixe multiplicouse rapidamente, e na actualidade os seus brancos  filetes seguen sendo exportados a todo o mundo. Enormes avións de carga da antiga Unión Soviética chegan diariamente para recoller os últimos cargamentos de pesca e, a cambio, descargan a súa mercadoría:  kalashnikovs e munición para as innumerábeis guerras que teñen lugar no corazón de África. Este explosivo comercio internacional creou unha desoladora alianza global á beira do lago tropical máis grande do mundo: un exército de pescadores locais, financeiros internacionais, nenos sen casa, ministros africanos, comisarios da Unión Europea, prostitutas  tanzanesas e pilotos rusos. (FILMAFFINITY)
 
 

LA PELOTA VASCA, LA PIEL CONTRA LA PIEDRA / EUSKAL PILOTA, LARRUA HARRIAREN KONTRA, Julio Medem, 2003


 SINOPSE
Documental sobre o País Vasco realizado a partir de entrevistas a cidadáns, material de arquivo e unha espléndida banda sonora.  (FILMAFFINITY)
 
 

LA OLA /DIE WELLE, Dennis Gansel, 2008


 SINOPSE
En Alemaña, durante a semana de proxectos, ao profesor de instituto  Rainer  Wenger (Jürgen  Vogel) ocórreselle facer un experimento para explicar aos seus alumnos e alumnas o funcionamento dun réxime  totalitario. En apenas uns días, o que parecía unha proba  inócua baseada na disciplina e o sentimento de comunidade vai derivando cara a unha situación sobre a que o profesor perde todo control. (FILMAFFINITY)
 
 

LA ODISEA DE LA ESPECIE (MINISERIE) / L'ODYSSÉE DE L'ESPÈCE, Jacques Malaterre, Javier G. Salanova, 2003


 SINOPSE
Miniserie documental de ficción que nos introduce no mundo dos nosos devanceiros para ilustrar os épicos comezos da vida do ser humano nos momentos cruciais que marcaron o desenvolvemento da historia da humanidade. Trátase dunha produción na que se combinan as técnicas máis sofisticadas de animación por computador coa participación de actores. Grazas ás recentes investigacións científicas puideron reconstruírse con precisión a aparencia, o comportamento e o ambiente dos nosos antepasados. (FILMAFFINITY)
 
 

LA NIÑA DE TUS OJOS, Fernando Trueba, 1998


 SINOPSE
En plena guerra civil, un grupo de artistas españois vai rodar unha película de carácter folclórico aos estudos alemáns da  UFA nazi. O contraste ideolóxico entre españois e xermanos dá lugar a situacións conflitivas como, por exemplo, o choque entre a protagonista, filla dun preso republicano, e o  mesmísimo  Goebbels, xefe da propaganda nazi do Terceiro Reich. (FILMAFFINITY)
 
 

LA MUJER BANDIDO / THE WICKED LADY, Leslie Arliss, 1945


 SINOPSE
A ambiciosa  Barbara  Worth, unha aventureira do século  XVII, comeza a súa carreira de bandida roubándolle o noivo a  Caroline, a súa mellor amiga. Pero pronto descobre que a existencia xunto a el, de nome, Ralph  Skelton, é demasiado aburrida e decide comezar unha nova e emocionante vida ocultándose tras unha máscara e lanzándose aos camiños para asaltar aos viaxeiros. (FILMAFFINITY)
 
 

LA MEJOR OFERTA / LA MIGLIORE OFFERTA, Giuseppe Tornatore, 2013

 SINOPSE
Virgil  Oldman (Geoffrey  Rush), un home solitario e excéntrico, é un experto en arte e un axente de poxas moi apreciado. A súa vida transcorre á marxe de calquera sentimento ou emoción até que coñece a unha fermosa e misteriosa muller (Sylvia  Hoeks) que lle encarga taxar e vender as obras de arte herdadas dos seus pais. Esta muller, que sofre unha estraña enfermidade psicolóxica que a mantén illada do mundo, transformará para sempre a vida de  Virgil. (FILMAFFINITY)
 
 

LA MARCA DEL ZORRO / THE MARK OF 'ZORRO', Fred Niblo, 1920

 SINOPSE
Na antiga  California española, existe un misterioso enmascarado pola xustiza dos  desvalidos e oprimidos, o 'Zorro', é o  paladín dos pobres. O Capitán Juan Ramón xurou capturalo, pero non só son rivais coa espada, compiten polos favores de Lolita Puído.  (FILMAFFINITY)
 
 

LA LISTA DE SCHINDLER / SCHINDLER'S LIST, Steven Spielberg, 1993

 
 SINOPSE
Oskar  Schindler (Liam  Neeson), un empresario alemán de gran talento para as relacións públicas, busca gañarse a simpatía dos nazis para o seu beneficio persoal. Despois da invasión de Polonia polos alemáns en 1939,  Schindler consegue, grazas ás súas relacións cos altos cargos nazis, a propiedade dunha fábrica de Cracovia. Alí dá emprego a centos de operarios xudeus, cuxa explotación lle fai prosperar rapidamente, grazas sobre todo ao seu xerente  Itzhak  Stern (Ben  Kingsley), tamén xudeu. Mais segundo a guerra avanza,  Schindler e  Stern comezan ser conscientes de que os xudeus que contratan, sálvanos dunha morte case segura no temíbel campo de concentración de  Plaszow, que lidera o Comandante nazi  Amon  Goeth (Ralph Fiennes), un home cruel que goza executando xudeus. (FILMAFFINITY)



LA LEY DEL SILENCIO / ON THE WATERFRONT, Elia Kazan, 1954

 SINOPSE
Johnny Friendly (Le  J  Cobb), o xefe do sindicato portuario, utiliza métodos mafiosos para controlar e explotar aos estibadores dos peiraos neoiorquinos.  Terry  Malloy (Marlon  Brando), un boxeador fracasado que traballa para el, viuse involuntariamente implicado nun dos seus crimes. Cando  Malloy coñece a  Edie  Doyle (Eva  Marie  Saint), a irmá da vítima, prodúcese nel unha profunda transformación que o leva a arrepentirse da súa vida pasada. A través de  Edie coñece ao pai  Barrie ( Karl  Malden), que trata de animalo para que acuda aos tribunais e conte todo o que sabe. (FILMAFFINITY)
 
 

LA LEY DE LA CALLE / RUMBLE FISH, Francis Ford Coppola, 1983

 SINOPSE
Rusty James (Matt  Dillon) é un mozo que soña con volver aos tempos das bandas xuvenís para emular o seu irmán maior (Mickey  Rourke), que no seu día foi líder dunha delas e que arrastra unha reputación de rebelde e intocábel como "o mozo da moto". Mais agora o seu irmán xa non está, pois hai dous meses que se marchou, e a  Rusty citáronlle para unha pelexa. (FILMAFFINITY)
 
 

LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS, José Luis Cuerda, 1999


 SINOPSE
Ambientada en 1936, Don Gregorio ensinará a Moncho con dedicación e paciencia toda a súa sabedoría respecto dos coñecementos, da literatura, da natureza, e até de mocear. Mais o transfondo da ameaza política subsistirá sempre, especialmente cando Don Gregorio é atacado por ser considerado un inimigo do réxime fascista. Así se irá abrindo entre estes dous amigos unha fenda, traída pola forza do contexto que os rodea. (FILMAFFINITY)
 
 

LA LEGIÓN DEL ÁGUILA / THE EAGLE, Kevin Macdonald, 2011


 SINOPSE
Século II d. C. Un lexionario romano,  Marcus  Aquila (Channing  Tatum), e o seu escravo celta  Esca (Jamie  Bell) emprenden a procura da Lexión Novena, unha compañía romana que desapareceu vinte anos atrás en algures do Norte de Escocia e a cuxa fronte se atopaba un xeneral que era o pai de  Marcus. (FILMAFFINITY)
 
 

LA LADRONA DE LIBROS / THE BOOK THIEF, Brian Percival, 2013


SINOPSE
Narra a historia dunha  animosa e  valerosa  muller chamada  Liesel, que transforma as vidas de todas as persoas da súa contorna cando a envían a vivir cunha familia de acollida na Alemaña da II Guerra Mundial. Para  Liesel, o poder das palabras e da imaxinación convértese nunha forma de escapar dos  tumultuosos eventos que a rodean, tanto para ela como para toda a xente que coñece e quere.  (FILMAFFINITY)
 
 

LA JOVEN DE LA PERLA / GIRL WITH A PEARL EARRING, Peter Webber, 2003


 SINOPSE
Delft, Holanda, 1665.  Griet entra a servir en casa de  Johannes  Vermeer, o cal, consciente das dotes da moza para percibir a luz e a cor, irá introducíndoa aos poucos no mundo da súa pintura. Maria  Thins, a sogra de  Vermeer, ao ver que  Griet se converteu na musa do pintor, decide non inmiscirse na súa relación coa esperanza de que o seu xenro pinte máis cadros.  Griet namora de  Vermeer, aínda que non está segura de cales son os sentimentos do pintor cara a ela. Finalmente, o  maquiavélico Van  Ruijven, envexoso da intimidade da parella, fai que Vermeer reciba o encargo de pintar a  Griet. O resultado será unha magnífica obra de arte. (FILMAFFINITY)
 
 

LA GUERRA DE LOS MUNDOS / WAR OF THE WORLDS, Steven Spielberg, 2005


 SINOPSE
Adaptación da novela homónima de  H. G.  Wells. A invasión da Terra polos marcianos e a terríbel batalla que ten que librar a humanidade para sobrevivir céntrase nunha familia americana. Ray  Ferrier (Tom Cruise) é un estibador divorciado e un pai nada modélico. Estando os seus fillos de visita na súa casa, estala unha tremenda e inesperada tormenta eléctrica. Uns momentos despois, Ray é testemuña dun acontecemento extraordinario que cambiará a súa vida e a dos seus para sempre: unha enorme máquina de tres patas emerxe do chan e arrásao todo. (FILMAFFINITY)
 
 

LA GATA SOBRE EL TEJADO DE ZINC / CAT ON A HOT TIN ROOF, Richard Brooks, 1958


 SINOPSE
A inminente morte do ancián patriarca dunha acomodada familia sureña crea unha gran tensión ambiental. Un dos seus fillos,  Brick, indeciso e  apático, refúxiase no alcol e móstrase completamente indiferente ante a situación, MAIS Maggie, a súa muller, non está disposta a contemplar impasíbel a súa destrución. O outro fillo,  Gooper, do mesmo xeito que a súa esposa, é ambicioso e oportunista. (FILMAFFINITY)
 
 

LA FLOR DE MI SECRETO, Pedro Almodóvar, 1995


 SINOPSE
Leo Macías é unha escritora de novela rosa que se oculta tras o pseudónimo de Amanda Gris. Obrigada por contrato a entregar tres novelas ao ano, leva meses incumpríndoo; no canto de novela rosa sáelle negra. O seu marido, que é militar, está a participar nunha misión de paz en Bosnia, mais antes da súa partida, a parella vivía unha das súas peores crises. O aprazamento da solución aos seus problemas matrimoniais provoca en Leo unha fraxilidade e unha inseguridade que invade todos os aspectos da súa vida. Sabe que Paco xa non a quere, pero ela aférrase cegamente e aférrase a calquera esperanza, por absurda que sexa. (FILMAFFINITY)
 
 

LA FAMILIA BÉLIER / LA FAMILLE BÉLIER, Eric Lartigau, 2014


 SINOPSE

Todos os membros da familia  Bélier son xordos, excepto Paula, de 16 anos. Ela fai de intérprete para os seus pais, especialmente no que respecta ao funcionamento da granxa familiar. Debido a que a Paula lle gusta un mozo do instituto, apúntase como el ao grupo do coro. Alí descubrirá o seu talento para o canto... (FILMAFFINITY)
 
 

LA ESTRELLA DEL NORTE / THE NORTH STAR, Lewis Milestone, 1943


   SINOPSE

Segunda Guerra Mundial. No verán de 1941, os alemáns invaden as poboacións fronteirizas da Rusia comunista. Un grupo de mozos abandonan unha destas vilas, chamado Estrela do Norte, e emprenden unha viaxe que estará chea de dificultades.(FILMAFFINITY)


LA DELGADA LINEA ROJA / THIN RED LINE, Terrence Malick, 1998





SINOPSE

Ano 1942, en plena Segunda Guerra Mundial na Illa de  Guadalcanal, no Pacífico. Un grupo de homes da compañía de  fusileros do exército americano " C de Charlie" combate contra o exército xaponés pola conquista dun estratéxico outeiro. Este grupo forma parte das tropas enviadas para relevar ás unidades de infantería da Mariña, esgotadas polo combate. (FILMAFFINITY)