Os veciños das parroquias das Encrobas e Meirama, defendendo o lugar no que naceron, enfrentáronse á garda civil (1977) cando unha empresa, amparada nun decreto asinado en 1972 polo dictador, decidiu expropiar as súas terras. Liderando aquela mobilización achábase Moncho Valcarce, quen máis adiante sería coñecido popularmente como o "cura das Encrobas".
Este documental contempla as etapas da súa vida desde a perspectiva dalgunha das persoas que estiveron ó seu carón. Baldaio, onde foi mallado e ameazado de morte pola propia garda civil; Xove, a primeira loita ecoloxista da historia de Galicia, contra a central nuclear que se pretendía instalar naquel concello; etc, conforman páxinas fundamentais do compromiso político de Moncho Valcarce. Enfrontouse á xerarquía eclesiástica en múltiples ocasións e criticou abertamente "ós colaboracionistas" así coma ós distintos "poderes alleos que asoballan A Nosa Terra dende hai séculos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario