Etiquetas

DRAMA COMEDIA ROMANCE AVENTURAS THRILLER INTRIGA ACCIÓN FANTÁSTICO FANTASÍA ADOLESCENCIA FAMILIA ANIMACIÓN CIENCIA FICCIÓN COMEDIA DRAMÁTICA CRIME DRAMA ROMÁNTICO DRAMA SOCIAL BÉLICO PELÍCULA DE CULTO BIOGRAFÍA HISTORIA INFANCIA SÉCULO XIX II GUERRA MUNDIAL VIDA RURAL AMIZADE CINE ÉPICO MUSICAL NAZISMO BASEADO EN FEITOS REAIS POLICIAL TERROR ANOS 30 ENSINO HOMOSEXUALIDADE ANOS 40 DOCUMENTAL MELODRAMA ANOS 70 CINE INDEPENDENTE COMEDIA ROMÁNTICA DRAMA DE ÉPOCA RACISMO TRABALLO CINE MUDO CINE NEGRO COMEDIA NEGRA INFANTIL MAXIA POBREZA POSTGUERRA ESPAÑOLA AFRICA ANOS 60 ANOS 80 CINE FAMILIAR DROGAS EMPREGO FEMINISMO HOLOCAUSTO LITERATURA WESTERN ANOS 90 GUERRA CIVIL MÚSICA NATUREZA PINTURA ROAD MOVIE STOP MOTION SUSPENSE SÁTIRA ANTIGA ROMA CINE DENTRO DO CINE CÓMIC DRAMA PSICOLÓXICO EXTRATERRESTRES HISTORIAS CRUZADAS HISTÓRICO INMIGRACIÓN MAFIA PARODIA PELICULA DE CULTO REALISMO MÁXICO SÉCULO XVII VAMPIROS VINGANZA ADOPCIÓN ANOS 1900 ASESINOS EN SERIE BANDAS DE RÚAS BASEADA EN FEITOS REAIS CAPA E ESPADA CATÁSTROFES COMEDIA DE TERROR DISCAPACIDADE DRAMA XUDICIAL ESPIONAXE GUERRA MUNDIAL LETRAS GALEGAS MITOLOXÍA CLÁSICA NADAL SERIE DE TV SUPERVIVENCIA SÉCULO XVIII ACOSO ESCOLAR ANIMAIS ANOS 1910 ANTIGA GRECIA ASASINOS EN SERIE AVENTURAS MARIÑAS BANDAS DAS RÚAS CASAS ENCANTADAS CAZA DEPORTE ECOLOXÍA ENFERMIDADE ESCRAVITUDE EXÉRCITO FANTASIA FIN DO MUNDO GRAN DEPRESIÓN GUERRA DE SECESIÓN IDADE MEDIA INFORMÁTICA INTERNET MATEMÁTICAS MONSTROS NOUVELLE VAGUE RELIXIÓN ROBOTS SOBRENATURAL SUPERHEROES SÉCULO XVI THRILLER PSICOLÓXICO VELLEZ VODAS XORNALISMO ÁFRICA ABUSOS SEXUAIS ADAPTACIÓN LITERARIA ALCOHOLISMO ALPINISMO AMÉRICA COLONIAL ANIMACIÓN PARA ADULTOS ANOS 20 ANOS 50 AVENTURA ESPACIAL BAILE BOLSA BRUXERÍA CABALOS CAMBIO CLIMÁTICO CINE QUINQUI CINEMA DENTRO DO CINEMA COCIÑA COLONIALISMO COMEDIA ABSURDA CONTOS CRISE DEREITOS HUMANOS DICTADURA ARXENTINA DISTOPÍA DOCUMENTAL SOCIAL DRAMA BASEADO EN FEITOS REAIS DRAMA CARCERARIO ERÓTICO ESPADA E BRUXERÍA ETA FANTASMAS FANTASÍA MEDIEVAL FUTURO POSTAPOCALÍPTICO FÚTBOL GUERRA GUERRA DE BOSNIA GUERRA DE LÍBANO GUERRA FRÍA GUERRAS NAPOLEÓNICAS HOMES LOBO HÍPICA I GUERRA MUNDIAL INSECTOS JAZZ LIBROS MARIONETAS MARVEL COMIC MEDO MUSICA NEGOCIOS PESCA PIRATAS POESÍA POLITICA POLÍTICA PREHISTORIA PROPAGANDA REMAKE SAMURAIS SECTAS SURREALISMO SÉCULO XIII SÉCULO XX TEATRO TEATRO CLÁSICO TELEFILM TELEVISIÓN TERRORISMO TRANSEXUALIDADE TRANSXÉNERO TRENS UNIDADE DIDÁCTICA VIAXES NO TIEMPO XAPÓN FEUDAL ÓPERA

FULL MONTY, Peter Cattaneo, 1997


 SINOPSE
O peche da fábrica de aceiro de Yorkshire deixa sen traballo a case toda a poboación masculina.  Gaz, un dos obreiros afectados, perderá o dereito de ver ao seu fillo se non consegue diñeiro para pagar a pensión de manutención familiar á súa muller. No medio da desesperación, ocórreselle unha idea, a primeira vista disparatada, e exponlla aos amigos que están na mesma situación: organizar un espectáculo de  strip- tease. (FILMAFFINITY)
 
 

FUERA DE COBERTURA /SHADOW RUN, Geoff Reeve, 1998


 SINOPSE
Haskell (Michael Caine) é un criminal ao que o aristócrata  Landon-Higgins (James Fox) lle encarga o gran traballo da súa vida: roubar a plena luz do día un furgón blindado que transporta 110 millóns de libras. Naturalmente,  Haskell coñece todos os datos necesarios para levar a cabo a operación; con todo, á hora da verdade, as cousas non son tan fáciles. (FILMAFFINITY)

FRESA Y CHOCOLATE, Tomás Gutiérrez Alea, Juan Carlos Tabío, 1993


 SINOPSE
David (Vladimir Cruz) é un comunista convencido que estuda socioloxía na Universidade da Habana. Diego (Jorge  Perugorría) é un artista homosexual acosado pola homofobia do réxime  castrista. A pesar das abismais diferenzas que os separan, entre eles xorde unha profunda amizade. (FILMAFFINITY)
 
 

FRANKENSTEIN, James Whale, 1931


 SINOPSE
O doutor Henry Von Frankenstein acomete un experimento  tenebroso: construír, a partir de fragmentos de cadáveres, un novo ser humano. Coa axuda do seu criado Fritz, entra durante a noite nos cemiterios da localidade para arrincar aos cadáveres as partes que necesita. O que ignora é que o cerebro que utilizou no seu experimento pertencera a un criminal. (FILMAFFINITY)
 
 

FLORES DE OTRO MUNDO, Icíar, Bollaín, 1999


 SINOPSE
Patricia, unha dominicana, busca un fogar e unha seguridade económica que a súa situación de inmigrante ilegal non lle permite alcanzar en Madrid.  Milady, unha cubana de vinte anos, soña con percorrer o mundo.  Marirrosi, unha  bilbaína con casa e traballo, vive na máis completa soidade, unha soidade como a que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, veciños de Santa Eulalia, unha aldea sen mulleres. Grazas a unha festa organizada polos solteiros da aldea, uns e outras se coñecen e comeza unha agridoce historia de convivencias, ás veces imposíbeis. (FILMAFFINITY)
 
 

FALSAS APARIENCIAS / THE WOLE NINE YARDS, Jonathan Lynn, 1999


 SINOPSE
Aínda que a súa muller é insoportábel, Nicholas, un novo dentista de Montreal, leva unha vida bastante tranquila. As cousas cambian coa chegada dun novo veciño: Jimmy “O  Tulipán”, un temido e reputado asasino a soldo. Despois de delatar ao seu xefe, o capo mafioso  Yanni  Gogolack, Jimmy tenta empezar unha nova vida nos arredores de Montreal. (FILMAFFINITY)
 
 

EXTRAÑOS EN UN TREN / STRANGERS ON A TRAIN, Alfred Hitchock, 1951


 SINOPSE
Inspirada na novela homónima de Patricia  Higsmith. Durante unha viaxe en tren, Guy, un novo campión de tenis (Farley  Granger), é abordado por Bruno (Walker), un mozo que coñece a súa vida e milagres a través da prensa e que, inesperadamente, lle propón un dobre asasinato, pero intercambiando as vítimas co fin de garantirse reciprocamente a impunidade. Así poderían resolver os seus respectivos problemas: el eliminaría á muller de Guy (que non quere concederlle o divorcio) e, a cambio, Guy debería asasinar o pai de Bruno para que este puidese herdar unha gran fortuna e vivir ao seu aire. (FILMAFFINITY)
 
 

ESTACIÓN TERMINI / STAZIONE TERMINI, Vittorio de Sica, 1953


 SINOPSE
O drama desenvólvese na estación de tren de Roma (a estación  Termini). Despois de pasar unhas vacacións en Italia,  Mary Forbes, unha americana casada e cunha filla, debe resolver un terrible dilema: coller o tren para regresar ao seu  pais coa súa familia e renovar a súa  monótona vida ou quedar con Giovanni, o seu mozo amante, o seu verdadeiro amor. (FILMAFFINITY)
 
 

ESPLENDOR EN LA HIERBA / SPLENDOR IN THE GRASS, Elia Kazan, 1961


SINOPSE
Nunha localidade rural de  Kansas, dous mozos que pertencen a ambientes sociais moi distintos ámanse e deciden non separarse xamais; pero a desaprobación das súas familias e certos intereses alleos aos seus sentimentos acabarán decidindo a súa sorte. (FILMAFFINITY)
 
 

ESPARTACO / SPARTACUS, Stanley Kubrick, 1960


 SINOPSE
Espartaco era un escravo  tracio que foi vendido como gladiador a  Léntulo  Batiato. En Italia promoveu e dirixiu a rebelión dos escravos (73-71 a. C.) contra a República romana. A medida que percorrían o país, innumerábeis escravos íanse sumando á rebelión. Espartaco tentará chegar co seu exército ao sur de Italia para poñer rumbo aos seus fogares. (FILMAFFINITY)
 
 

ERIN BROCKOVICH, Steven Soderbergh, 2000


 SINOPSE
Erin  Brockovich é unha nai solteira que consegue un posto de traballo nun pequeno despacho de avogados/as. A súa personalidade pouco convencional fará que os seus comezos non sexan demasiado alentadores, pero todo cambiará cando decida investigar o estraño caso duns clientes que padecen unha sospeitosa enfermidade. (FILMAFFINITY)

ENCUENTROS EN LA TERCERA FASE / CLOSE ENCOUNTERS OF DE THIRD KIND, Steven Spielberg, 1977


  SINOPSE
Unha noite, preto da súa casa, en Indiana,  Roy  Neary (Richard  Dreyfuss) observa no ceo uns misteriosos obxectos voadores. Desde entón vive tan obsesionado por comprender o que viu que se distancia da súa esposa (Teri  Garr). Atopa apoio en  Jillian  Guiler (Melinda  Dillon), unha muller que tamén foi testemuña dos mesmos feitos. Xuntos tentan atopar unha resposta ao misterio que alterou as súas vidas. Ao mesmo tempo, un nutrido grupo de científicos/as internacionais, baixo a dirección de  Claude  Lacombe (François  Truffaut), empeza a investigar as aparicións de ovnis e outros estraños fenómenos. (FILMAFFINITY)
 
 

EN TIERRA DE NADIE / NO MAN'S LAND, Danis Tanovic, 2001


 SINOPSE
Guerra de Bosnia, 1993. Dous soldados de bandos distintos, un bosnio e un serbio, atópanse atrapados entre as liñas inimigas, en terra de ninguén. Un sarxento dos cascos azuis das Nacións Unidas disponse a axudalos, contravindo as ordes dos seus superiores. Os medios de comunicación non tardan en converter o asunto nun show mediático de carácter internacional. Mentres a tensión bélica crece e a prensa espera pacientemente novas noticias, os dous soldados tentarán por todos os medios saír con vida de tal situación. (FILMAFFINITY)
 


 

EN PROL DUN VERSO: UXÍO NOVONEYRA (2010)


O escritor Uxío Novoneyra chega aos centros educativos a través do DVD En prol dun verso: Uxío Novoneyra, un documento audiovisual que busca achegarlle ao alumnado do noso país a figura e a obra do autor galego. A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura promoveron esta obra como derradeira homenaxe a Uxío Novoneyra no 2010, ano que a Real Academia Galega lle dedica ao escritor.
Entre outros contidos, o DVD recolle imaxes de Uxío Novoneyra no Courel recitando os seus propios poemas, unha oralidade única que engarza a memoria do poeta co futuro, representado polos rapaces e rapazas da escola Seoane do Courel, que acompañan o autor no recital dos seus versos.
Asemade, o vídeo tamén intercala os testemuños e a análise literaria dos escritores Manuel Forcadela e Marica Campo, da crítica Dolores Vilavedra e do amigo e membro do grupo Brais Pinto Herminio Barreiro.
Ademais, o DVD acompáñase dunha unidade didáctica para afondar na figura e na obra do autor a partir do vídeo, dirixida, principalmente, ao alumnado de secundaria (ESO e bacharelato). (www.codigocero.com)

EL VIAJE DE CHIHIRO / SEN TO CHIHIRO NO KAMIKAKUSHI, Hayao Miyazaki, 2001


 SINOPSE
 Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses/as de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en porcos,  Chihiro séntese moi soa e asustada. (FILMAFFINITY)
 
 

EL ÚLTIMO GRAN MAGO / DEATH DEFYING ACTS, Gillian Armstrong, 2007


SINOPSE
Cando Harry  Houdini (Guy  Pearce), o famoso mago  escapista, chega a Edimburgo na súa xira mundial, ofrece unha gran recompensa á persoa capaz de poñerse en contacto co espírito da súa nai recentemente falecida.  Mary (Catherine Zeta-Jones), unha atractiva e misteriosa  médium e  parapsicóloga escocesa, acepta o desafío atraída polo diñeiro.  Houdini fará todo o posíbel por desenmascarar á misteriosa muller, mais non poderá evitar sentirse cada vez máis atraído por ela...   (FILMAFFINITY)
 


EL ÚLTIMO EMPERADOR / THE LAST EMPEROR, Bernardo Bertolucci, 1987


 SINOPSE
Pequín, 1908. China atópase en plena decadencia.  Pu  Yi, un neno de tres anos, é arrincado dos brazos da súa nai, no medio da noite, e conducido ata a Cidade Prohibida, onde é coroado emperador, pero terá que vivir recluído dentro deste recinto inaccesíbel. (FILMAFFINITY)
 
 

EL TERCER HOMBRE / THE THIRD MAN, Carol Reed, 1949

SINOPSE
Comezos da Guerra Fría, en Viena, 1947. O norteamericano Holly Martins, un mediocre escritor de novelas do Oeste, chega á capital austríaca cando a cidade está dividida en catro zonas ocupadas polos estados aliados da II Guerra Mundial. Holly vai visitar a Harry Lime, un amigo da infancia que lle prometeu traballo. Mais a súa chegada coincide co enterro de Harry, que morreu atropelado por un coche en plena rúa. O xefe da policía militar británica faille saber a Martins que Lime estaba gravemente implicado no mercado negro. Pero a Martins non lle cadra un detalle: todos din ver a dous homes no lugar do atropelo tentando axudar a Lime, pero unha testemuña asegura ver a un terceiro home... Adaptación da novela homónima de  Graham  Greene.
                                                     (FILMAFFINITY)
 
 

EL SUR, Víctor Erice, 1983


 SINOPSE
“A Gaivota” é un  caserón situado nos arredores dunha cidade do norte de España. Nela viven Agustín, médico e  zahorí, a súa muller, mestra represaliada polo franquismo, e a súa filla Estrela. A nena, desde a súa infancia, sospeita que o seu pai oculta un segredo.  (FILMAFFINITY)
 
 

EL SUEÑO ETERNO / THE BIG SLEEP, Howard Hawks, 1946


 SINOPSE
Un xeneral millonario e excéntrico ten dúas fillas que están involucradas en asuntos máis ben turbios. Decide entón chamar ao detective privado  Philip  Marlowe para que resolva os seus problemas familiares. Cando  Marlowe empeza a investigar, descobre moi pronto que as diversas ramificacións do asunto convérteno nunha auténtica  maraña. (FILMAFFINITY)
 
 

EL SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO / WILLIAM SHAKESPEARE'S A MIDSUMMER NIGHTS DREAM, Michael Hoffman, 1999


 SINOPSE
O duque  Teseo ultima os preparativos da voda da súa filla  Hipólita, á vez que recomenda a Exeo que dea a súa aprobación ao matrimonio entre a súa filla  Hermia e Demetrio. O que Exeo non sabe é que  Hermia está namorada de  Lysandra, mentres que a que de verdade está tola por Demetrio é Helena. Ao redor deste enredo sentimental, pululan as fadas e os trasgos do bosque, como  Puck, que é o encargado de mesturar  pociones máxicas que serven para namorar aos homes. (FILMAFFINITY)
 

 

EL SILENCIO DE UN HOMBRE / LE SAMOURAÏ, Jean-Pierre Melville, 1967


 SINOPSE
A historia dun  hermético e frío asasino a soldo. Jeff  Costello é un  perfeccionista que sempre planea coidadosamente os seus asasinatos e ao que nunca atraparon. Con todo, unha noite, tras liquidar ao dono dun club nocturno, queda á vista de varias testemuñas. Os seus esforzos por construír unha coartada fallan e aos poucos é acurralado, tanto pola policía como polos clientes que lle traizoaron. (FILMAFFINITY)
 
 

EL SHOW DE TRUMAN (UNA VIDA EN DIRECTO) / THE TRUMAN SHOW, Peter Weir, 1998


 SINOPSE
Truman  Burbank é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun desas vilas onde nunca pasa nada. Con todo, de súpeto, uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está a ocorrer. Todos os seus amigos son actores, toda a súa cidade é un estudio, toda a súa vida está a ser filmada e emitida como o  reality máis ambicioso da historia. (FILMAFFINITY)
 
 

EL SEÑOR IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN / MONSIEUR IBRAHIM, ET LES FLEURS DU CORAN, François Dupeyron, 2003


 SINOPSE
Nun barrio marxinal e  multirracial de París, un adolescente xudeu e un vello musulmán fanse amigos.  Momo (Pierre  Boulanger) vive co seu pai, un home sumido na depresión. As súas únicas amigas son as prostitutas da rúa, que o tratan con moito agarimo.  Momo fai a compra na pequena e escura tenda do señor  Ibrahim (Omar Sharif), un silencioso musulmán que o observa todo e sabe máis do que parece. Cando a  Momo o abandona o seu pai,  Ibrahim convértese no seu protector. Xuntos emprenden unha viaxe que cambiará a súa vida para sempre.  (FILMAFFINITY)
 


 

EL SEÑOR DE LOS ANILLOS (TRILOGÍA) / THE LORD OF THE RINGS, Peter Jackson


 SINOPSE

A COMUNIDADE DO ANEL (2001)
Na Terra Media, o Señor Escuro  Saurón ordenou aos Elfos que forxasen os Grandes Aneis de Poder. Tres para os reis Elfos, sete para os Señores Ananos, e nove para os Homes Mortais. Pero  Saurón tamén forxou, en segredo, o Anel Único, que ten o poder de escravizar toda a Terra Media. Coa axuda dos seus amigos e de valentes aliados, o mozo  hobbit  Frodo emprende unha perigosa viaxe coa misión de destruír o Anel Único. Mais o malvado  Sauron ordena a persecución do grupo, composto por  Frodo e os seus leais amigos  hobbits, un mago, un home, un elfo e un anano. A misión é case suicida pero necesaria, pois se  Sauron co seu exército de  orcos lograse recuperar o Anel, sería o final da Terra Media. (FILMAFFINITY)
 
 
 
 AS DÚAS TORRES (2002)
Tras a disolución da Compañía do Anel,  Frodo e o seu fiel amigo Sam diríxense cara a  Mordor para destruír o Anel Único e acabar co poder de  Sauron, MAIS séguelles un sinistro personaxe chamado  Gollum. Mentres, e tras a dura batalla contra os  orcos onde caeu  Boromir, o home Aragorn, o elfo  Legolas e o anano  Gimli tentan rescatar aos medianos  Merry e  Pipin, secuestrados polos  orcos de  Mordor. Pola súa banda,  Saurón e o traidor  Sarumán continúan cos seus plans en  Mordor, á espera da guerra contra as razas libres da Terra Media (FILMAFFINITY)
 
 
 
  O RETORNO DO REY (2003)
As forzas de  Saruman foron destruídas, e a súa fortaleza asediada. Chegou o momento de decidir o destino da Terra Media, e, por primeira vez, parece que hai unha pequena esperanza. O interese do señor escuro  Sauron céntrase agora en  Gondor, o último reduto dos homes, cuxo trono será reclamado por Aragorn.  Sauron disponse a lanzar un ataque decisivo contra  Gondor. Mentres tanto,  Frodo e Sam  continuan o seu camiño cara a  Mordor, coa esperanza de chegar ao Monte do Destino. (FILMAFFINITY)




EL SEÑOR DE LAS MOSCAS / LORD OF THE FLIES, Harry Hook, 1990


 SINOPSE
Con motivo dunha guerra, os nenos dunha rexión inglesa son evacuados en avión. Un dos aparellos sofre unha avaría e cae ao mar, preto dunha illa deserta. Os nenos sobreviventes chegan á illa, levando consigo ao piloto, que está malferido. En tal circunstancia, non terán máis remedio que organizarse se queren sobrevivir... Adaptación da novela homónima do premio Nobel de literatura William  Golding. (FILMAFFINITY)

EL SEÑOR DE LA GUERRA / LORD OF WAR, Andrew Niccol, 2005


 SINOPSE
Yuri  Orlov, un traficante de armas ruso, percorre os países en guerra tentando eludir non só a persecución dun implacábel axente da Interpol, senón tamén a dos seus rivais no negocio e mesmo a dalgún dos seus clientes, todos eles importantes ditadores. (FILMAFFINITY)
 
 

EL SECRETO DE SUS OJOS, Juan José Campanella, 2009


 SINOPSE
Benjamín  Espósito é oficial dun Xulgado de Instrución de Bos Aires recentemente retirado. Obsesionado por un brutal asasinato ocorrido vinte e cinco anos antes, en 1974, decide escribir unha novela sobre o caso, do cal foi testemuña e protagonista. Revivindo o pasado, vén tamén á súa memoria o recordo dunha muller, a quen amou en silencio durante todos eses anos. (FILMAFFINITY)
 
 

EL ROSTRO IMPENETRABLE / ONE EYED JACKS, Marlon Brando, 1961


 SINOPSE
Tras o atraco a un banco fronteirizo, Johnny Río é traizoado por Dade, o seu mellor amigo e compañeiro de correrías. Apresado pola policía mexicana, pasa cinco amargos anos na  prision de Sonora, durante os cales, vive obsesionado coa idea de vingarse do traidor. Tras ser posto en liberdade, visita a Dade, que se converteu nun home respectábel e é o shériff de Monterrey. Cando Dade lle presenta á súa fillastra  Louisa,  Jonnhy queda  prendado da súa beleza e sedúcea. (FILMAFFINITY)
 
 

EL REY PASMADO, Imanol Uribe, 1991


 SINOPSE
España, reinado de Felipe IV (1621-1665). Inspírase nunha novela do escritor Gonzalo Torrente Ballester. O Rey (Gabino Diego) queda  estupefacto ao contemplar o corpo espido de  Marfisa (Laura do Sol), a prostituta máis belLa da Vila e Corte. Despois pretende ver tamén ispe á Raíña (Anne  Roussel). A pesar da oposición e o escándalo da Iglesia, o Rey non parará até ver cumpridos os seus desexos. (FILMAFFINITY)
 
 

EL RETRATO DE DORIAN GRAY / DORIAN GRAY, Oliver Parker, 2009


 SINOPSE
Dorian  Gray (Ben  Barnes) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, mergúllase nela da man de Lord Henry  Wottom (Colin  Firth), que o conduce aos  antros máis recónditos e  sórdidos da cidade. Ao xoven fascínalle o estilo de vida decadente e  amoral de  Wotton. Por outra banda, a súa obsesión por alcanzar a eterna mocidade impúlsao a facer un pacto  diabólico: el manterase sempre novo, pero as pegadas da súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor  Basil  Hallward (Ben Chaplin). (FILMAFFINITY)


EL PLANETA DE LOS SIMIOS / PLANET OF THE APES, Franklin J. Schaffner, 1968

 SINOPSE
George Taylor é un astronauta que forma parte da tripulación dunha nave espacial -nunha misión de longa duración- que se estrela nun planeta descoñecido no que, a primeira vista, non hai vida intelixente. Con todo, moi pronto se dará conta de que está gobernado por unha raza de simios mentalmente moi desenvolvidos que escravizan a uns seres humanos que carecen da facultade de falar. Cando o seu líder, o doutor  Zaius, descobre arrepiado que Taylor posúe o don da palabra, decide que hai que eliminalo. (FILMAFFINITY)
 
 

EL PISITO, Marco Ferreri, Isidoro M. Ferry, 1959


 SINOPSE
Rodolfo e  Petrita levan doce anos de relacións. Para casar necesitan un piso e non hai forma de atopalo. Rodolfo vive  realquilado en casa de dona  Martina, unha anciá que está a piques de morrer, cousa que o caseiro está a esperar para poder desaloxar a vivenda e derrubar o edificio. Algúns amigos aconsellan a Rodolfo unha solución heroica: casar con dona  Martina e esperar o pouco que queda de vida para herdar o alugueiro. En principio, resístese, pero cada vez con menos forza. (FILMAFFINITY)
 
 

EL PIANISTA / THE PIANIST, Roman Polanski, 2002


 SINOPSE
Wladyslaw  Szpilman, un brillante pianista polaco de orixe xudía, vive coa súa familia no  ghetto de Varsovia. Cando, en 1939, os alemáns invaden Polonia, consegue evitar a deportación grazas á axuda dalgúns amigos. Pero terá que vivir escondido e completamente illado durante moito tempo, e para sobrevivir terá que afrontar constantes perigos. (FILMAFFINITY)
 
 

EL PERRO DEL HORTELANO, Pilar Miró, 1996

 SINOPSE
Diana, condesa de  Belflor, é unha moza  perspicaz, impulsiva e intelixente. Está namorada do seu secretario,  Teodoro, pero decátase de que este xa está comprometido con Marcela. Movida polos celos e a envexa, fai todo o posible para separar aos dous namorados. Adaptación cinematográfica da obra de Lope de Vega, que respecta o texto en verso. Obtivo sete premios Goya. (FILMAFFINITY)
 


 

EL PERFUME. HISTORIA DE UN ASESINO / DAS PARFUM. DIE GERISCHTE EINES MÖRDERS, Tom Tykwer, 2006

 SINOPSE
Francia, século  XVIII. Adaptación do famoso  best- seller de Patrick  Süskind. Jean  Baptiste  Grenouille naceu no medio do fedor dos restos de peixe dun mercado e foi abandonado pola súa nai no lixo. As autoridades fixéronse cargo del e mandárono a un  hospicio. Creceu nun ambiente hostil; ninguén o quería, porque había nel algo excepcional: carecía por completo de cheiro. Estaba, con todo, dotado dun extraordinario sentido do olfacto. Aos vinte anos, despois de traballar nunha  curtiduría, conseguiu traballo en casa do  perfumista  Bandini, que lle ensinou a destilar esencias. Pero el vivía obsesionado coa idea de atrapar outros cheiros: o cheiro do cristal, do cobre, mais, sobre todo, o cheiro dalgunhas mulleres. (FILMAFFINITY)
 
 

EL PEQUEÑO LORD / LITTLE LORD FAUNTLEROY, John Cromwell, 1936


 SINOPSE
Ceddie, un neno pobre de  Brooklyn, convértese no herdeiro do título e a fortuna dun conde inglés. Mais o testamento contén unha cláusula que o obriga a vivir en Inglaterra co seu avó, un vello  rosmón de carácter frío e amargado. (FILMAFFINITY)
 
 

EL PADRE ES ABUELO / OFATHER'S LITTLE DIVIDENT, Vincente Minnelli, 1951

 
 SINOPSE
Despois de casar á súa filla  Kay con  Buckley  Dunstan,  Stanley Banks séntese libre e feliz. Os días transcorren  apacíbelmente até que se decata de que vai ser avó, situación que provocará unha gran rivalidade entre a súa familia e a do seu xenro. (FILMAFFINITY)
 
 

EL PACIENTE INGLÉS / THE ENGLISH PATIENT, Anthony Minghella, 1996


 SINOPSE
Finais da Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Un home ferido viaxa nun convoi sanitario por unha estrada italiana, mais o seu estado é tan grave que ten que quedar nun mosteiro deshabitado e  semiderruido, onde se encarga de coidalo  Hana, unha enfermeira canadense. Aínda que o seu corpo está totalmente queimado como consecuencia dun accidente sufrido en África, ten aínda ánimo para contarlle a  Hana a tráxica historia da súa vida. (FILMAFFINITY)