SINOPSE
François é un novo profesor de lingua francesa nun instituto conflitivo, situado nun barrio marxinal. Os seus alumnos e alumnas teñen entre 14 e 15 anos, e non dubida en enfrontarse a eles en estimulantes batallas verbais; pero a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. Ao comezar o curso, os profesores, cheos de boas intencións, desexosos de dar a mellor educación ao seu alumnado, ármanse contra o desalento. Pero a abismal diferenza de cultura e de actitude chocan violentamente nas aulas, que non son máis que un microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidas que sexan ás veces as alumnas e alumnos, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun profesor. A tremenda franqueza de François sorprende ao seu alumnado, mais o seu estrito sentido da ética cambaléase cando os mozos empezan a non aceptar os seus métodos. (FILMAFFINITY)

Ningún comentario:
Publicar un comentario