SINOPSE
Carmen é unha adolescente xitana que vive no arrabalde de Madrid. Como
calquera outra xitana, está destinada a vivir unha vida que se repite
xeración tras xeración: casar e criar a tantos nenos/as como sexa posíbel. Mais un día coñece a Lola, unha xitana pouco común que soña con ir á
universidade, debuxa grafitis de paxaros e é diferente. Carmen
desenvolve rapidamente unha complicidade con Lola, e ambas tratarán de
levar cara adiante o seu romance, a pesar dos inconvenientes e
discriminacións sociais ás que teñen que verse sometidas pola súa
familia. (FILMAFFINITY)
Ningún comentario:
Publicar un comentario