SINOPSE
Hai trinta anos, Chiyoko Fujiwara foi a estrela máis importante do cinema xaponés, pero, de súpeto, desapareceu. Un dos seus maiores admiradores, o realizador de documentais Genya Tachibana, viaxa ata o apartado refuxio de montaña no que vive para entrevistala. Unha vez alí, entrega ao seu ídolo de mocidade unha vella chave que atopou entre os restos do seu antigo estudo. Coma se a chave abrise as portas da súa memoria, Chiyoko comeza a lembrar a historia da súa vida. Desta forma, viaxa desde o remoto pasado ata o distante futuro a través de mil anos, traspasando a fronteira que separa a realidade das películas que formaron gran parte da súa vida... (FILMAFFINITY)
Ningún comentario:
Publicar un comentario