SINOPSE
A COMUNIDADE DO ANEL (2001)
Na Terra Media, o Señor Escuro Saurón ordenou aos Elfos que forxasen os Grandes Aneis de Poder. Tres para os reis Elfos, sete para os Señores Ananos, e nove para os Homes Mortais. Pero Saurón tamén forxou, en segredo, o Anel Único, que ten o poder de escravizar toda a Terra Media. Coa axuda dos seus amigos e de valentes aliados, o mozo hobbit Frodo emprende unha perigosa viaxe coa misión de destruír o Anel Único. Mais o malvado Sauron ordena a persecución do grupo, composto por Frodo e os seus leais amigos hobbits, un mago, un home, un elfo e un anano. A misión é case suicida pero necesaria, pois se Sauron co seu exército de orcos lograse recuperar o Anel, sería o final da Terra Media. (FILMAFFINITY)

AS DÚAS TORRES (2002)
Tras a disolución da Compañía do Anel, Frodo e o seu fiel amigo Sam diríxense cara a Mordor para destruír o Anel Único e acabar co poder de Sauron, MAIS séguelles un sinistro personaxe chamado Gollum. Mentres, e tras a dura batalla contra os orcos onde caeu Boromir, o home Aragorn, o elfo Legolas e o anano Gimli tentan rescatar aos medianos Merry e Pipin, secuestrados polos orcos de Mordor. Pola súa banda, Saurón e o traidor Sarumán continúan cos seus plans en Mordor, á espera da guerra contra as razas libres da Terra Media. (FILMAFFINITY)

O RETORNO DO REY (2003)
As forzas de Saruman foron destruídas, e a súa fortaleza asediada. Chegou o momento de decidir o destino da Terra Media, e, por primeira vez, parece que hai unha pequena esperanza. O interese do señor escuro Sauron céntrase agora en Gondor, o último reduto dos homes, cuxo trono será reclamado por Aragorn. Sauron disponse a lanzar un ataque decisivo contra Gondor. Mentres tanto, Frodo e Sam continuan o seu camiño cara a Mordor, coa esperanza de chegar ao Monte do Destino. (FILMAFFINITY)

Ningún comentario:
Publicar un comentario