SINOPSE
Na década dos anos 60, a modo de experimento, introduciuse no lago Vitoria unha nova especie animal: a perca do Nilo, pero este peixe resultou ser un depredador tan voraz que exterminou todas as especies autóctonas deste xigantesco lago. O novo peixe multiplicouse rapidamente, e na actualidade os seus brancos filetes seguen sendo exportados a todo o mundo. Enormes avións de carga da antiga Unión Soviética chegan diariamente para recoller os últimos cargamentos de pesca e, a cambio, descargan a súa mercadoría: kalashnikovs e munición para as innumerábeis guerras que teñen lugar no corazón de África. Este explosivo comercio internacional creou unha desoladora alianza global á beira do lago tropical máis grande do mundo: un exército de pescadores locais, financeiros internacionais, nenos sen casa, ministros africanos, comisarios da Unión Europea, prostitutas tanzanesas e pilotos rusos. (FILMAFFINITY)

Ningún comentario:
Publicar un comentario