SINOPSE
Documental animado sobre a matanza de refuxiados palestinos en Sabra e Chatila (Líbano) en 1982. Unha noite, nun bar, un vello amigo cóntalle a Folman un pesadelo recorrente no que lle perseguen sempre 26 cans. Os dous homes chegan á conclusión de que o pesadelo ten que ver cunha misión que realizaron para o exército israelí durante a primeira guerra co Líbano a principios dos anos oitenta. A Folman sorpréndelle o feito de non lembrar nada dese período da súa vida. Intrigado, decide falar con vellos amigos e antigos compañeiros dispersados polo mundo enteiro. Necesita saber a verdade acerca desa etapa e de si mesmo. Aos poucos os seus recordos reaparecen baixo a forma de imaxes surrealistas.(FILMAFFINITY)
Ningún comentario:
Publicar un comentario