O escritor
Uxío Novoneyra chega aos centros educativos a través do DVD En prol dun verso: Uxío Novoneyra, un
documento audiovisual que busca achegarlle ao alumnado do noso país a figura e
a obra do autor galego. A Secretaría
Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da
Cultura promoveron esta obra como derradeira homenaxe a Uxío Novoneyra no 2010,
ano que a Real Academia Galega lle dedica ao escritor.
Entre
outros contidos, o DVD recolle imaxes de Uxío Novoneyra no Courel recitando os
seus propios poemas, unha oralidade única que engarza a memoria do poeta co
futuro, representado polos rapaces e rapazas da escola Seoane do Courel, que
acompañan o autor no recital dos seus versos.
Asemade, o
vídeo tamén intercala os testemuños e a análise literaria dos escritores Manuel
Forcadela e Marica Campo, da crítica Dolores Vilavedra e do amigo e membro do
grupo Brais Pinto Herminio Barreiro.
Ademais, o
DVD acompáñase dunha unidade didáctica para afondar na figura e na obra do
autor a partir do vídeo, dirixida, principalmente, ao alumnado de secundaria
(ESO e bacharelato). (www.codigocero.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario