Etiquetas

DRAMA COMEDIA ROMANCE AVENTURAS THRILLER INTRIGA ACCIÓN FANTÁSTICO FANTASÍA ADOLESCENCIA FAMILIA ANIMACIÓN CIENCIA FICCIÓN COMEDIA DRAMÁTICA CRIME DRAMA ROMÁNTICO DRAMA SOCIAL BÉLICO PELÍCULA DE CULTO BIOGRAFÍA HISTORIA INFANCIA SÉCULO XIX II GUERRA MUNDIAL VIDA RURAL AMIZADE CINE ÉPICO MUSICAL NAZISMO BASEADO EN FEITOS REAIS POLICIAL TERROR ANOS 30 ENSINO HOMOSEXUALIDADE ANOS 40 DOCUMENTAL MELODRAMA ANOS 70 CINE INDEPENDENTE COMEDIA ROMÁNTICA DRAMA DE ÉPOCA RACISMO TRABALLO CINE MUDO CINE NEGRO COMEDIA NEGRA INFANTIL MAXIA POBREZA POSTGUERRA ESPAÑOLA AFRICA ANOS 60 ANOS 80 CINE FAMILIAR DROGAS EMPREGO FEMINISMO HOLOCAUSTO LITERATURA WESTERN ANOS 90 GUERRA CIVIL MÚSICA NATUREZA PINTURA ROAD MOVIE STOP MOTION SUSPENSE SÁTIRA ANTIGA ROMA CINE DENTRO DO CINE CÓMIC DRAMA PSICOLÓXICO EXTRATERRESTRES HISTORIAS CRUZADAS HISTÓRICO INMIGRACIÓN MAFIA PARODIA PELICULA DE CULTO REALISMO MÁXICO SÉCULO XVII VAMPIROS VINGANZA ADOPCIÓN ANOS 1900 ASESINOS EN SERIE BANDAS DE RÚAS BASEADA EN FEITOS REAIS CAPA E ESPADA CATÁSTROFES COMEDIA DE TERROR DISCAPACIDADE DRAMA XUDICIAL ESPIONAXE GUERRA MUNDIAL LETRAS GALEGAS MITOLOXÍA CLÁSICA NADAL SERIE DE TV SUPERVIVENCIA SÉCULO XVIII ACOSO ESCOLAR ANIMAIS ANOS 1910 ANTIGA GRECIA ASASINOS EN SERIE AVENTURAS MARIÑAS BANDAS DAS RÚAS CASAS ENCANTADAS CAZA DEPORTE ECOLOXÍA ENFERMIDADE ESCRAVITUDE EXÉRCITO FANTASIA FIN DO MUNDO GRAN DEPRESIÓN GUERRA DE SECESIÓN IDADE MEDIA INFORMÁTICA INTERNET MATEMÁTICAS MONSTROS NOUVELLE VAGUE RELIXIÓN ROBOTS SOBRENATURAL SUPERHEROES SÉCULO XVI THRILLER PSICOLÓXICO VELLEZ VODAS XORNALISMO ÁFRICA ABUSOS SEXUAIS ADAPTACIÓN LITERARIA ALCOHOLISMO ALPINISMO AMÉRICA COLONIAL ANIMACIÓN PARA ADULTOS ANOS 20 ANOS 50 AVENTURA ESPACIAL BAILE BOLSA BRUXERÍA CABALOS CAMBIO CLIMÁTICO CINE QUINQUI CINEMA DENTRO DO CINEMA COCIÑA COLONIALISMO COMEDIA ABSURDA CONTOS CRISE DEREITOS HUMANOS DICTADURA ARXENTINA DISTOPÍA DOCUMENTAL SOCIAL DRAMA BASEADO EN FEITOS REAIS DRAMA CARCERARIO ERÓTICO ESPADA E BRUXERÍA ETA FANTASMAS FANTASÍA MEDIEVAL FUTURO POSTAPOCALÍPTICO FÚTBOL GUERRA GUERRA DE BOSNIA GUERRA DE LÍBANO GUERRA FRÍA GUERRAS NAPOLEÓNICAS HOMES LOBO HÍPICA I GUERRA MUNDIAL INSECTOS JAZZ LIBROS MARIONETAS MARVEL COMIC MEDO MUSICA NEGOCIOS PESCA PIRATAS POESÍA POLITICA POLÍTICA PREHISTORIA PROPAGANDA REMAKE SAMURAIS SECTAS SURREALISMO SÉCULO XIII SÉCULO XX TEATRO TEATRO CLÁSICO TELEFILM TELEVISIÓN TERRORISMO TRANSEXUALIDADE TRANSXÉNERO TRENS UNIDADE DIDÁCTICA VIAXES NO TIEMPO XAPÓN FEUDAL ÓPERA

LA CUADRILLA /THE NAVIGATORS, Ken Loach, 2001


SINOPSE

No sur de Yorkshire, cando a empresa ferroviaria  British  Rail é privatizada, os traballadores atópanse ante un dilema: acatar as novas normas da compañía ou aceptar o despedimento e pasar a engrosar as listas das axencias de traballo temporal. (FILMAFFINITY)
 
 

LA COSTILLA DE ADÁN / ADAM'S RIB, George Cukor, 1949


 SINOPSE

Nesta comedia sofisticada sobre a guerra de sexos, Amanda e Adam son un  idílico matrimonio de avogados cuxa paz conxugal vese afectada cando un caso os enfronta nos tribunais como defensor e fiscal respectivamente: unha muller é xulgada por disparar contra o seu marido e a amante deste. Adam non dubida da culpabilidade da acusada, pero Amanda non é da mesma opinión. (FILMAFFINITY)
 
 

LA COLMENA, Mario Camus, 1982


 SINOPSE

Camilo José Cela escribe no prólogo á primeira edición da novela: "A Colmea non é outra cousa que un pálido reflexo, que unha humilde sombra da cotiá, áspera, entrañábel e dolorosa realidade (...) non aspira a ser máis que un anaco de vida narrado sen reticencias, sen estrañas traxedias, sen caridade, como a vida discorre, exactamente como a vida discorre. Queiramos ou non queiramos. A vida é o que vive -en nós ou fóra de nós-; nós non somos máis que o seu vehículo, o seu  excipiente como din os  boticarios (...) A súa acción discorre en Madrid, en 1942, e entre un  torrente, ou unha colmea, de xentes que ás veces son felices, e, ás veces, non". (FILMAFFINITY)
 

 


LA CLASE (2008) / ENTRE LES MURS, Laurent Cantet, 2008


 SINOPSE

François é un novo profesor de lingua francesa nun instituto conflitivo, situado nun barrio marxinal. Os seus alumnos e alumnas teñen entre 14 e 15 anos, e non dubida en enfrontarse a eles en estimulantes batallas verbais; pero a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. Ao comezar o curso, os profesores, cheos de boas intencións, desexosos de dar a mellor educación ao seu alumnado, ármanse contra o desalento. Pero a abismal diferenza de cultura e de actitude chocan violentamente nas aulas, que non son máis que un microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidas que sexan ás veces as alumnas e alumnos, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun profesor. A tremenda franqueza de  François sorprende ao seu alumnado, mais o seu estrito sentido da ética cambaléase cando os mozos empezan a non aceptar os seus métodos. (FILMAFFINITY) 
 
 

LA CAZA / JAGTEN (THE HUNT), Thomas Vinterberg, 2012


 SINOPSE

Tras un divorcio difícil, Lucas, un home de corenta anos, atopou unha nova noiva, un novo traballo e trata de reconstruír a súa relación con  Marcus, o seu fillo adolescente. Pero algo empeza a ir mal: un detalle calquera, un comentario inocente e unha mentira insignificante que se estende como un virus invisíbel sementando o estupor e a desconfianza nunha pequena poboación... (FILMAFFINITY)
 
 

LA CAJA 507, Enrique Urbizu, 2002


 SINOPSE

Modesto, un home honrado e traballador, dirixe unha sucursal bancaria na Costa do Sol. Un día, uns atracadores entran no banco, rebentan as caixas de seguridade e déixano atrapado dentro. Casualmente, ao mirar o contido da caixa 507, descobre que a morte da súa filla, ocorrida hai algúns anos, non foi accidental. Do contido desa caixa depende tamén a vida e a seguridade de Rafael, un ex-policía corrupto e sen escrúpulos, que tratará de recuperar eses documentos como sexa. (FILMAFFINITY)
 
 

LA BUENA ESTRELLA, Ricardo Franco, 1997


 SINOPSE

Rafael é un carniceiro estéril que leva unha vida triste e solitaria. Un día auxilia a Mariña, unha rapariga chosca á que o seu noivo estaba a mallar. Ademais, alóxaa na súa casa, aínda sabendo que está embarazada. Moi pronto, ambos pensan en cumprir un soño que ata entón lles parecía imposíbel: formar unha familia. (FILMAFFINITY)
 
 

LA BODA DEL MONZÓN / MONSOON WEDDING, Mira Nair, 2001


 SINOPSE
Os preparativos dunha elegante voda en Nova Deli, que durará catro días, reflicten os conflitos entre xeracións partidarias de seguir as tradicións e outras defensoras da modernidade. A  Lalit  Verma e á súa muller  Pimmi a voda concertada da súa filla lévalles case ao bordo dun ataque de nervios e da quebra. Outras historias paralelas desenvólvense a medida que van chegando á cidade parentes procedentes de todo o mundo. O noivo chega de  Houston (Texas), onde traballa como enxeñeiro, para coñecer á noiva. A noiva, pola súa banda, acepta o compromiso de mala gana, pois está namorada dun presentador de televisión. Os preparativos da voda esixen contratar a un organizador profesional e o elixido será  P. K.  Dubey, que é un intelixente mozo de clase media. (FILMAFFINITY)
 


 

LA BODA DE MURIEL / MURIEL'S WEDDING, P.J. Hogan, 1994


 SINOPSE
Muriel é unha moza con sobrepeso que vive nun mundo de fantasía, cancións de ABBA e catálogos nupciais. Soña cun príncipe azul que algún día a liberará da súa  odiosa familia e das súas burlonas amigas. Cansa de esperar a súa chegada, decide irse á cidade e buscalo. Un dos maiores éxitos do cinema australiano dos noventa. (FILMAFFINITY)