SINOPSE
Dous sistemas: por unha banda, a maquinaria nazi e, por outra, a diplomacia do Vaticano e dos Aliados. Mais dous homes loitan desde dentro. O primeiro é Kurt Gerstein (personaxe real), químico e membro das SS que se encarga de fornecer o gas Ziklon B aos campos da morte. Mais iso non lle impide denunciar os crimes nazis aos aliados, ao Papa e mesmo aos membros da Igrexa alemá á que pertence, xogándose deste xeito a súa vida e a da súa familia. O segundo, Ricardo, é un xoven xesuíta que representa a todos os sacerdotes que souberon opoñerse á barbarie, pagando moitas veces coa súa propia vida. Kurt Gerstein sabía o que estaba a ocorrer e quería que o mundo enteiro tamén o soubese. A película denuncia a indiferenza de todos aqueles que sabían o que estaba a pasar e decidiron calar.(FILMAFFINITY)

Ningún comentario:
Publicar un comentario