SINOPSE
Antigüidade, Helenismo. Alexandre (356-323 a. C.), rei de Macedonia, comezou a reinar aos vinte anos. Apoderouse primeiro de Grecia e, despois de conquistar o inmenso Imperio Persa, seguiu avanzando cara á India. Foi un gran estratego que nunca perdeu unha batalla, un visionario cuxos soños, fazañas e destino deixaron pegada na Historia. Cando morreu, aos 33 anos, forxara un imperio sen precedentes na historia. Os personaxes máis influentes da súa vida foron: Filippo, o seu pai; Olimpia, a súa nai; Hefestión, o seu gran amigo; Roxana, a súa ambiciosa muller, e o xeneral Ptolomeo, confidente e leal compañeiro de armas. (FILMAFFINITY)
Ningún comentario:
Publicar un comentario