SINOPSE
As investigacións do climatólogo Jack Hall indican que o quecemento global podería desencadear un repentino e catastrófico cambio climático da Terra. As perforacións realizadas na Antártida demostran que é algo que xa ocorreu hai dez mil anos. Hall advirte aos dirixentes políticos da necesidade de adoptar inmediatamente medidas para evitalo; mais as súas advertencias chegan demasiado tarde. Hall presencia como un bloque de xeo do tamaño de Rhode Island se separa completamente da Antártida. A continuación, unha serie de anómalos fenómenos climáticos empezan a producirse en distintas partes do globo: bólas de saraiba do tamaño dun pomelo esnaquizan Tokio, ventos tempestuosos arrasan Hawaii, neva en Nova Deli e unha serie de tornados devastan Los Ángeles. Un colega seu escocés confirma os peores temores de Jack. Ao derretirse a capa de xeo polar, os océanos recibiron demasiada auga, o que afecta ás correntes mariñas, reponsábeis da estabilidade do clima. O quecemento global puxo o planeta ao bordo dunha nova era glacial. E todo ocorrerá durante unha tormenta de carácter global. Mentres Jack advirte á Casa Branca do inminente cambio climático, o seu fillo Sam e os seus amigos atópanse atrapados en Nova York, onde foron a participar nun concurso académico entre institutos. (FILMAFFINITY)

Ningún comentario:
Publicar un comentario