SINOPSE
Famoso documental que aborda a cuestión da violencia en América. Por que 11.000 persoas morren cada ano en Estados Unidos vítimas das armas de fogo? Os "bustos parlantes" vociferan desde a pantalla de TV botándolle a culpa xa a Satán xa aos videoxogos. Pero, en que se diferencia Estados Unidos doutros países? Por que Estados Unidos se converteu en responsábel e vítima de tanta violencia? " Bowling for Columbine" non é unha película sobre o control da venda de armas, é unha película sobre o medo de 280 millóns de norteamericanos/as que se senten máis seguros sabendo que a tenencia de armas é un dereito consagrado pola Constitución. Neste incisivo e traxicómico estudo da violencia e a súa relación coas armas de fogo aparecen personalidades como Charlon Heston, George W. Bush ou Marilyn Manson. Gañou numerosos premios en USA ao mellor documental -entre os que destacan os prestixiosos National Board Of Review e o Chicago Film Critics Awards-, así como o premio á mellor película estranxeira -competindo con longametraxes- nos César da Academia Francesa de Cinema. (FILMAFFINITY)

Ningún comentario:
Publicar un comentario