SINOPSE
Os Hoover son unha familia moi peculiar: o avó esnifa cocaína e solta palabrotas, o pai fracasa estrepitosamente dando cursos para alcanzar o éxito, a nai non dá abasto, o tío está a recuperarse dun suicidio frustrado tras ser abandonado polo seu noivo, o fillo adolescente le a Nietzsche e garda un mutismo absoluto. E Olive, a filla pequena, unha nena gafotas e máis ben gordita, quere ser unha raíña da beleza. Cando, grazas a un golpe de sorte, a convidan a participar no concurso de 'Pequena Miss Sunshine', en California, acompáñaa toda a familia. Nunha destartalada furgoneta Volkswagen, diríxense cara ao Oeste nun traxicómico periplo de tres días cheo de inesperadas sorpresas. O debut de Olive será o detonante dun cambio profundo nesta familia de inadaptados. (FILMAFFINITY)