SINOPSE O peche da fábrica de aceiro de Yorkshire deixa sen traballo a case toda a poboación masculina. Gaz, un dos obreiros afectados, perderá o dereito de ver ao seu fillo se non consegue diñeiro para pagar a pensión de manutención familiar á súa muller. No medio da desesperación, ocórreselle unha idea, a primeira vista disparatada, e exponlla aos amigos que están na mesma situación: organizar un espectáculo de strip- tease. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Haskell (Michael Caine) é un criminal ao que o aristócrata Landon-Higgins (James Fox) lle encarga o gran traballo da súa vida: roubar a plena luz do día un furgón blindado que transporta 110 millóns de libras. Naturalmente, Haskell coñece todos os datos necesarios para levar a cabo a operación; con todo, á hora da verdade, as cousas non son tan fáciles. (FILMAFFINITY)
SINOPSE David (Vladimir Cruz) é un comunista convencido que estuda socioloxía na Universidade da Habana. Diego (Jorge Perugorría) é un artista homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesar das abismais diferenzas que os separan, entre eles xorde unha profunda amizade. (FILMAFFINITY)
SINOPSE O doutor Henry Von Frankenstein acomete un experimento tenebroso: construír, a partir de fragmentos de cadáveres, un novo ser humano. Coa axuda do seu criado Fritz, entra durante a noite nos cemiterios da localidade para arrincar aos cadáveres as partes que necesita. O que ignora é que o cerebro que utilizou no seu experimento pertencera a un criminal. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Patricia, unha dominicana, busca un fogar e unha seguridade económica que a súa situación de inmigrante ilegal non lle permite alcanzar en Madrid. Milady, unha cubana de vinte anos, soña con percorrer o mundo. Marirrosi, unha bilbaína con casa e traballo, vive na máis completa soidade, unha soidade como a que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, veciños de Santa Eulalia, unha aldea sen mulleres. Grazas a unha festa organizada polos solteiros da aldea, uns e outras se coñecen e comeza unha agridoce historia de convivencias, ás veces imposíbeis. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Aínda que a súa muller é insoportábel, Nicholas, un novo dentista de Montreal, leva unha vida bastante tranquila. As cousas cambian coa chegada dun novo veciño: Jimmy “O Tulipán”, un temido e reputado asasino a soldo. Despois de delatar ao seu xefe, o capo mafioso Yanni Gogolack, Jimmy tenta empezar unha nova vida nos arredores de Montreal. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Inspirada na novela homónima de Patricia Higsmith. Durante unha viaxe en tren, Guy, un novo campión de tenis (Farley Granger), é abordado por Bruno (Walker), un mozo que coñece a súa vida e milagres a través da prensa e que, inesperadamente, lle propón un dobre asasinato, pero intercambiando as vítimas co fin de garantirse reciprocamente a impunidade. Así poderían resolver os seus respectivos problemas: el eliminaría á muller de Guy (que non quere concederlle o divorcio) e, a cambio, Guy debería asasinar o pai de Bruno para que este puidese herdar unha gran fortuna e vivir ao seu aire. (FILMAFFINITY)
SINOPSE O drama desenvólvese na estación de tren de Roma (a estación Termini). Despois de pasar unhas vacacións en Italia, Mary Forbes, unha americana casada e cunha filla, debe resolver un terrible dilema: coller o tren para regresar ao seu pais coa súa familia e renovar a súa monótona vida ou quedar con Giovanni, o seu mozo amante, o seu verdadeiro amor. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Nunha localidade rural de Kansas, dous mozos que pertencen a ambientes sociais moi distintos ámanse e deciden non separarse xamais; pero a desaprobación das súas familias e certos intereses alleos aos seus sentimentos acabarán decidindo a súa sorte. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Espartaco era un escravo tracio que foi vendido como gladiador a Léntulo Batiato. En Italia promoveu e dirixiu a rebelión dos escravos (73-71 a. C.) contra a República romana. A medida que percorrían o país, innumerábeis escravos íanse sumando á rebelión. Espartaco tentará chegar co seu exército ao sur de Italia para poñer rumbo aos seus fogares. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Erin Brockovich é unha nai solteira que consegue un posto de traballo nun pequeno despacho de avogados/as. A súa personalidade pouco convencional fará que os seus comezos non sexan demasiado alentadores, pero todo cambiará cando decida investigar o estraño caso duns clientes que padecen unha sospeitosa enfermidade. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Unha noite, preto da súa casa, en Indiana, Roy Neary (Richard Dreyfuss) observa no ceo uns misteriosos obxectos voadores. Desde entón vive tan obsesionado por comprender o que viu que se distancia da súa esposa (Teri Garr). Atopa apoio en Jillian Guiler (Melinda Dillon), unha muller que tamén foi testemuña dos mesmos feitos. Xuntos tentan atopar unha resposta ao misterio que alterou as súas vidas. Ao mesmo tempo, un nutrido grupo de científicos/as internacionais, baixo a dirección de Claude Lacombe (François Truffaut), empeza a investigar as aparicións de ovnis e outros estraños fenómenos. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Guerra de Bosnia, 1993. Dous soldados de bandos distintos, un bosnio e un serbio, atópanse atrapados entre as liñas inimigas, en terra de ninguén. Un sarxento dos cascos azuis das Nacións Unidas disponse a axudalos, contravindo as ordes dos seus superiores. Os medios de comunicación non tardan en converter o asunto nun show mediático de carácter internacional. Mentres a tensión bélica crece e a prensa espera pacientemente novas noticias, os dous soldados tentarán por todos os medios saír con vida de tal situación. (FILMAFFINITY)
O escritor
Uxío Novoneyra chega aos centros educativos a través do DVD En prol dun verso: Uxío Novoneyra, un
documento audiovisual que busca achegarlle ao alumnado do noso país a figura e
a obra do autor galego. A Secretaría
Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da
Cultura promoveron esta obra como derradeira homenaxe a Uxío Novoneyra no 2010,
ano que a Real Academia Galega lle dedica ao escritor.
Entre
outros contidos, o DVD recolle imaxes de Uxío Novoneyra no Courel recitando os
seus propios poemas, unha oralidade única que engarza a memoria do poeta co
futuro, representado polos rapaces e rapazas da escola Seoane do Courel, que
acompañan o autor no recital dos seus versos.
Asemade, o
vídeo tamén intercala os testemuños e a análise literaria dos escritores Manuel
Forcadela e Marica Campo, da crítica Dolores Vilavedra e do amigo e membro do
grupo Brais Pinto Herminio Barreiro.
Ademais, o
DVD acompáñase dunha unidade didáctica para afondar na figura e na obra do
autor a partir do vídeo, dirixida, principalmente, ao alumnado de secundaria
(ESO e bacharelato). (www.codigocero.com)
Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses/as de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en porcos, Chihiro séntese moi soa e asustada. (FILMAFFINITY)
Cando Harry Houdini (Guy Pearce), o famoso mago escapista, chega a Edimburgo na súa xira mundial, ofrece unha gran recompensa á persoa capaz de poñerse en contacto co espírito da súa nai recentemente falecida. Mary (Catherine Zeta-Jones), unha atractiva e misteriosa médium e parapsicóloga escocesa, acepta o desafío atraída polo diñeiro. Houdini fará todo o posíbel por desenmascarar á misteriosa muller, mais non poderá evitar sentirse cada vez máis atraído por ela... (FILMAFFINITY)
SINOPSE Pequín, 1908. China atópase en plena decadencia. Pu Yi, un neno de tres anos, é arrincado dos brazos da súa nai, no medio da noite, e conducido ata a Cidade Prohibida, onde é coroado emperador, pero terá que vivir recluído dentro deste recinto inaccesíbel. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Comezos da Guerra Fría, en Viena, 1947. O norteamericano Holly Martins, un mediocre escritor de novelas do Oeste, chega á capital austríaca cando a cidade está dividida en catro zonas ocupadas polos estados aliados da II Guerra Mundial. Holly vai visitar a Harry Lime, un amigo da infancia que lle prometeu traballo. Mais a súa chegada coincide co enterro de Harry, que morreu atropelado por un coche en plena rúa. O xefe da policía militar británica faille saber a Martins que Lime estaba gravemente implicado no mercado negro. Pero a Martins non lle cadra un detalle: todos din ver a dous homes no lugar do atropelo tentando axudar a Lime, pero unha testemuña asegura ver a un terceiro home... Adaptación da novela homónima de Graham Greene.
SINOPSE “A Gaivota” é un caserón situado nos arredores dunha cidade do norte de España. Nela viven Agustín, médico e zahorí, a súa muller, mestra represaliada polo franquismo, e a súa filla Estrela. A nena, desde a súa infancia, sospeita que o seu pai oculta un segredo. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Un xeneral millonario e excéntrico ten dúas fillas que están involucradas en asuntos máis ben turbios. Decide entón chamar ao detective privado Philip Marlowe para que resolva os seus problemas familiares. Cando Marlowe empeza a investigar, descobre moi pronto que as diversas ramificacións do asunto convérteno nunha auténtica maraña. (FILMAFFINITY)
SINOPSE O duque Teseo ultima os preparativos da voda da súa filla Hipólita, á vez que recomenda a Exeo que dea a súa aprobación ao matrimonio entre a súa filla Hermia e Demetrio. O que Exeo non sabe é que Hermia está namorada de Lysandra, mentres que a que de verdade está tola por Demetrio é Helena. Ao redor deste enredo sentimental, pululan as fadas e os trasgos do bosque, como Puck, que é o encargado de mesturar pociones máxicas que serven para namorar aos homes. (FILMAFFINITY)
SINOPSE A historia dun hermético e frío asasino a soldo. Jeff Costello é un perfeccionista que sempre planea coidadosamente os seus asasinatos e ao que nunca atraparon. Con todo, unha noite, tras liquidar ao dono dun club nocturno, queda á vista de varias testemuñas. Os seus esforzos por construír unha coartada fallan e aos poucos é acurralado, tanto pola policía como polos clientes que lle traizoaron. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Truman Burbank é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun desas vilas onde nunca pasa nada. Con todo, de súpeto, uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está a ocorrer. Todos os seus amigos son actores, toda a súa cidade é un estudio, toda a súa vida está a ser filmada e emitida como o reality máis ambicioso da historia. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Nun barrio marxinal e multirracial de París, un adolescente xudeu e un vello musulmán fanse amigos. Momo (Pierre Boulanger) vive co seu pai, un home sumido na depresión. As súas únicas amigas son as prostitutas da rúa, que o tratan con moito agarimo. Momo fai a compra na pequena e escura tenda do señor Ibrahim (Omar Sharif), un silencioso musulmán que o observa todo e sabe máis do que parece. Cando a Momo o abandona o seu pai, Ibrahim convértese no seu protector. Xuntos emprenden unha viaxe que cambiará a súa vida para sempre. (FILMAFFINITY)
A COMUNIDADE DO ANEL (2001) Na Terra Media, o Señor Escuro Saurón ordenou aos Elfos que forxasen os Grandes Aneis de Poder. Tres para os reis Elfos, sete para os Señores Ananos, e nove para os Homes Mortais. Pero Saurón tamén forxou, en segredo, o Anel Único, que ten o poder de escravizar toda a Terra Media. Coa axuda dos seus amigos e de valentes aliados, o mozo hobbit Frodo emprende unha perigosa viaxe coa misión de destruír o Anel Único. Mais o malvado Sauron ordena a persecución do grupo, composto por Frodo e os seus leais amigos hobbits, un mago, un home, un elfo e un anano. A misión é case suicida pero necesaria, pois se Sauron co seu exército de orcos lograse recuperar o Anel, sería o final da Terra Media. (FILMAFFINITY)
AS DÚAS TORRES (2002) Tras a disolución da Compañía do Anel, Frodo e o seu fiel amigo Sam diríxense cara a Mordor para destruír o Anel Único e acabar co poder de Sauron, MAIS séguelles un sinistro personaxe chamado Gollum. Mentres, e tras a dura batalla contra os orcos onde caeu Boromir, o home Aragorn, o elfo Legolas e o anano Gimli tentan rescatar aos medianos Merry e Pipin, secuestrados polos orcos de Mordor. Pola súa banda, Saurón e o traidor Sarumán continúan cos seus plans en Mordor, á espera da guerra contra as razas libres da Terra Media. (FILMAFFINITY)
O RETORNO DO REY (2003) As forzas de Saruman foron destruídas, e a súa fortaleza asediada. Chegou o momento de decidir o destino da Terra Media, e, por primeira vez, parece que hai unha pequena esperanza. O interese do señor escuro Sauron céntrase agora en Gondor, o último reduto dos homes, cuxo trono será reclamado por Aragorn. Sauron disponse a lanzar un ataque decisivo contra Gondor. Mentres tanto, Frodo e Sam continuan o seu camiño cara a Mordor, coa esperanza de chegar ao Monte do Destino. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Con motivo dunha guerra, os nenos dunha rexión inglesa son evacuados en avión. Un dos aparellos sofre unha avaría e cae ao mar, preto dunha illa deserta. Os nenos sobreviventes chegan á illa, levando consigo ao piloto, que está malferido. En tal circunstancia, non terán máis remedio que organizarse se queren sobrevivir... Adaptación da novela homónima do premio Nobel de literatura William Golding. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Yuri Orlov, un traficante de armas ruso, percorre os países en guerra tentando eludir non só a persecución dun implacábel axente da Interpol, senón tamén a dos seus rivais no negocio e mesmo a dalgún dos seus clientes, todos eles importantes ditadores. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Benjamín Espósito é oficial dun Xulgado de Instrución de Bos Aires recentemente retirado. Obsesionado por un brutal asasinato ocorrido vinte e cinco anos antes, en 1974, decide escribir unha novela sobre o caso, do cal foi testemuña e protagonista. Revivindo o pasado, vén tamén á súa memoria o recordo dunha muller, a quen amou en silencio durante todos eses anos. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Tras o atraco a un banco fronteirizo, Johnny Río é traizoado por Dade, o seu mellor amigo e compañeiro de correrías. Apresado pola policía mexicana, pasa cinco amargos anos na prision de Sonora, durante os cales, vive obsesionado coa idea de vingarse do traidor. Tras ser posto en liberdade, visita a Dade, que se converteu nun home respectábel e é o shériff de Monterrey. Cando Dade lle presenta á súa fillastra Louisa, Jonnhy queda prendado da súa beleza e sedúcea. (FILMAFFINITY)
SINOPSE España, reinado de Felipe IV (1621-1665). Inspírase nunha novela do escritor Gonzalo Torrente Ballester. O Rey (Gabino Diego) queda estupefacto ao contemplar o corpo espido de Marfisa (Laura do Sol), a prostituta máis belLa da Vila e Corte. Despois pretende ver tamén ispe á Raíña (Anne Roussel). A pesar da oposición e o escándalo da Iglesia, o Rey non parará até ver cumpridos os seus desexos. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Dorian Gray (Ben Barnes) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, mergúllase nela da man de Lord Henry Wottom (Colin Firth), que o conduce aos antros máis recónditos e sórdidos da cidade. Ao xoven fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de Wotton. Por outra banda, a súa obsesión por alcanzar a eterna mocidade impúlsao a facer un pacto diabólico: el manterase sempre novo, pero as pegadas da súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor Basil Hallward (Ben Chaplin). (FILMAFFINITY)
SINOPSE George Taylor é un astronauta que forma parte da tripulación dunha nave espacial -nunha misión de longa duración- que se estrela nun planeta descoñecido no que, a primeira vista, non hai vida intelixente. Con todo, moi pronto se dará conta de que está gobernado por unha raza de simios mentalmente moi desenvolvidos que escravizan a uns seres humanos que carecen da facultade de falar. Cando o seu líder, o doutor Zaius, descobre arrepiado que Taylor posúe o don da palabra, decide que hai que eliminalo. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Rodolfo e Petrita levan doce anos de relacións. Para casar necesitan un piso e non hai forma de atopalo. Rodolfo vive realquilado en casa de dona Martina, unha anciá que está a piques de morrer, cousa que o caseiro está a esperar para poder desaloxar a vivenda e derrubar o edificio. Algúns amigos aconsellan a Rodolfo unha solución heroica: casar con dona Martina e esperar o pouco que queda de vida para herdar o alugueiro. En principio, resístese, pero cada vez con menos forza. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Wladyslaw Szpilman, un brillante pianista polaco de orixe xudía, vive coa súa familia no ghetto de Varsovia. Cando, en 1939, os alemáns invaden Polonia, consegue evitar a deportación grazas á axuda dalgúns amigos. Pero terá que vivir escondido e completamente illado durante moito tempo, e para sobrevivir terá que afrontar constantes perigos. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Diana, condesa de Belflor, é unha moza perspicaz, impulsiva e intelixente. Está namorada do seu secretario, Teodoro, pero decátase de que este xa está comprometido con Marcela. Movida polos celos e a envexa, fai todo o posible para separar aos dous namorados. Adaptación cinematográfica da obra de Lope de Vega, que respecta o texto en verso. Obtivo sete premios Goya. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Francia, século XVIII. Adaptación do famoso best- seller de Patrick Süskind. Jean Baptiste Grenouille naceu no medio do fedor dos restos de peixe dun mercado e foi abandonado pola súa nai no lixo. As autoridades fixéronse cargo del e mandárono a un hospicio. Creceu nun ambiente hostil; ninguén o quería, porque había nel algo excepcional: carecía por completo de cheiro. Estaba, con todo, dotado dun extraordinario sentido do olfacto. Aos vinte anos, despois de traballar nunha curtiduría, conseguiu traballo en casa do perfumista Bandini, que lle ensinou a destilar esencias. Pero el vivía obsesionado coa idea de atrapar outros cheiros: o cheiro do cristal, do cobre, mais, sobre todo, o cheiro dalgunhas mulleres. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Ceddie, un neno pobre de Brooklyn, convértese no herdeiro do título e a fortuna dun conde inglés. Mais o testamento contén unha cláusula que o obriga a vivir en Inglaterra co seu avó, un vello rosmón de carácter frío e amargado. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Despois de casar á súa filla Kay con Buckley Dunstan, Stanley Banks séntese libre e feliz. Os días transcorren apacíbelmente até que se decata de que vai ser avó, situación que provocará unha gran rivalidade entre a súa familia e a do seu xenro. (FILMAFFINITY)
SINOPSE Finais da Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Un home ferido viaxa nun convoi sanitario por unha estrada italiana, mais o seu estado é tan grave que ten que quedar nun mosteiro deshabitado e semiderruido, onde se encarga de coidalo Hana, unha enfermeira canadense. Aínda que o seu corpo está totalmente queimado como consecuencia dun accidente sufrido en África, ten aínda ánimo para contarlle a Hana a tráxica historia da súa vida. (FILMAFFINITY)