O dúo cómico infantil Maeda Maeda compóñeno dous nenos que viven separados porque os seus pais están divorciados: un vive coa súa nai en Fukuoka, e o outro co pai en Kagoshima. Os dous soñan coa reconciliación dos seus proxenitores. Cando coñecen a noticia da inauguración dunha liña de tren que unirá ambas as dúas cidades, aférranse a unha superstición, segundo a cal cando os primeiros trens se crucen, ocorrerá un milagre. (FILMAFFINITY)
Etiquetas
DRAMA
COMEDIA
ROMANCE
AVENTURAS
THRILLER
INTRIGA
ACCIÓN
FANTÁSTICO
FANTASÍA
ADOLESCENCIA
FAMILIA
ANIMACIÓN
CIENCIA FICCIÓN
COMEDIA DRAMÁTICA
CRIME
DRAMA ROMÁNTICO
DRAMA SOCIAL
BÉLICO
PELÍCULA DE CULTO
BIOGRAFÍA
HISTORIA
INFANCIA
SÉCULO XIX
II GUERRA MUNDIAL
VIDA RURAL
AMIZADE
CINE ÉPICO
MUSICAL
NAZISMO
BASEADO EN FEITOS REAIS
POLICIAL
TERROR
ANOS 30
ENSINO
HOMOSEXUALIDADE
ANOS 40
DOCUMENTAL
MELODRAMA
ANOS 70
CINE INDEPENDENTE
COMEDIA ROMÁNTICA
DRAMA DE ÉPOCA
RACISMO
TRABALLO
CINE MUDO
CINE NEGRO
COMEDIA NEGRA
INFANTIL
MAXIA
POBREZA
POSTGUERRA ESPAÑOLA
AFRICA
ANOS 60
ANOS 80
CINE FAMILIAR
DROGAS
EMPREGO
FEMINISMO
HOLOCAUSTO
LITERATURA
WESTERN
ANOS 90
GUERRA CIVIL
MÚSICA
NATUREZA
PINTURA
ROAD MOVIE
STOP MOTION
SUSPENSE
SÁTIRA
ANTIGA ROMA
CINE DENTRO DO CINE
CÓMIC
DRAMA PSICOLÓXICO
EXTRATERRESTRES
HISTORIAS CRUZADAS
HISTÓRICO
INMIGRACIÓN
MAFIA
PARODIA
PELICULA DE CULTO
REALISMO MÁXICO
SÉCULO XVII
VAMPIROS
VINGANZA
ADOPCIÓN
ANOS 1900
ASESINOS EN SERIE
BANDAS DE RÚAS
BASEADA EN FEITOS REAIS
CAPA E ESPADA
CATÁSTROFES
COMEDIA DE TERROR
DISCAPACIDADE
DRAMA XUDICIAL
ESPIONAXE
GUERRA MUNDIAL
LETRAS GALEGAS
MITOLOXÍA CLÁSICA
NADAL
SERIE DE TV
SUPERVIVENCIA
SÉCULO XVIII
ACOSO ESCOLAR
ANIMAIS
ANOS 1910
ANTIGA GRECIA
ASASINOS EN SERIE
AVENTURAS MARIÑAS
BANDAS DAS RÚAS
CASAS ENCANTADAS
CAZA
DEPORTE
ECOLOXÍA
ENFERMIDADE
ESCRAVITUDE
EXÉRCITO
FANTASIA
FIN DO MUNDO
GRAN DEPRESIÓN
GUERRA DE SECESIÓN
IDADE MEDIA
INFORMÁTICA
INTERNET
MATEMÁTICAS
MONSTROS
NOUVELLE VAGUE
RELIXIÓN
ROBOTS
SOBRENATURAL
SUPERHEROES
SÉCULO XVI
THRILLER PSICOLÓXICO
VELLEZ
VODAS
XORNALISMO
ÁFRICA
ABUSOS SEXUAIS
ADAPTACIÓN LITERARIA
ALCOHOLISMO
ALPINISMO
AMÉRICA COLONIAL
ANIMACIÓN PARA ADULTOS
ANOS 20
ANOS 50
AVENTURA ESPACIAL
BAILE
BOLSA
BRUXERÍA
CABALOS
CAMBIO CLIMÁTICO
CINE QUINQUI
CINEMA DENTRO DO CINEMA
COCIÑA
COLONIALISMO
COMEDIA ABSURDA
CONTOS
CRISE
DEREITOS HUMANOS
DICTADURA ARXENTINA
DISTOPÍA
DOCUMENTAL SOCIAL
DRAMA BASEADO EN FEITOS REAIS
DRAMA CARCERARIO
ERÓTICO
ESPADA E BRUXERÍA
ETA
FANTASMAS
FANTASÍA MEDIEVAL
FUTURO POSTAPOCALÍPTICO
FÚTBOL
GUERRA
GUERRA DE BOSNIA
GUERRA DE LÍBANO
GUERRA FRÍA
GUERRAS NAPOLEÓNICAS
HOMES LOBO
HÍPICA
I GUERRA MUNDIAL
INSECTOS
JAZZ
LIBROS
MARIONETAS
MARVEL COMIC
MEDO
MUSICA
NEGOCIOS
PESCA
PIRATAS
POESÍA
POLITICA
POLÍTICA
PREHISTORIA
PROPAGANDA
REMAKE
SAMURAIS
SECTAS
SURREALISMO
SÉCULO XIII
SÉCULO XX
TEATRO
TEATRO CLÁSICO
TELEFILM
TELEVISIÓN
TERRORISMO
TRANSEXUALIDADE
TRANSXÉNERO
TRENS
UNIDADE DIDÁCTICA
VIAXES NO TIEMPO
XAPÓN FEUDAL
ÓPERA
KISEKI (MILAGRO) / KISEKI (I WISH), Hirokazu Koreeda, 2011
SINOPSE
O dúo cómico infantil Maeda Maeda compóñeno dous nenos que viven separados porque os seus pais están divorciados: un vive coa súa nai en Fukuoka, e o outro co pai en Kagoshima. Os dous soñan coa reconciliación dos seus proxenitores. Cando coñecen a noticia da inauguración dunha liña de tren que unirá ambas as dúas cidades, aférranse a unha superstición, segundo a cal cando os primeiros trens se crucen, ocorrerá un milagre. (FILMAFFINITY)
O dúo cómico infantil Maeda Maeda compóñeno dous nenos que viven separados porque os seus pais están divorciados: un vive coa súa nai en Fukuoka, e o outro co pai en Kagoshima. Os dous soñan coa reconciliación dos seus proxenitores. Cando coñecen a noticia da inauguración dunha liña de tren que unirá ambas as dúas cidades, aférranse a unha superstición, segundo a cal cando os primeiros trens se crucen, ocorrerá un milagre. (FILMAFFINITY)
JUNTOS, NADA MÁS / ENSEMBLE, C'EST TOUT, Claude Berri, 2007
SINOPSE
Camille limpa oficinas polas noites e debuxa con arte nas súas horas libres. Philibert é un mozo aristócrata amante da historia, tímido, sensible e solitario, que vive nun espazoso piso, propiedade da súa familia. Franck, un cociñeiro duro e tenro á vez, quere moitísimo á súa avoa Paulette, unha fráxil e peculiar anciá. Os tres aprenden a vivir xuntos e a superar dúbidas e penas. (FILMAFFINITY)

JUNO, Jason Reitman, 2007
SINOPSE
Juno Macguff (Ellen Page) ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. É enxeñosa, culta, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coIraza para ocultar os seus medos e dúbidas. Por mor da relación cun compañeiro de clase (Michael Cera) queda embarazada. E, como el se desentende do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e darao en adopción. Despois haberá que atopar uns pais adoptivos adecuados. Mark (Jason Bateman) e Vanessa (Jennifer Garner) parecen os pais ideais. Mais resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben desde o principio. (FILMAFFINITY)

JUANA LA LOCA, Vicente Aranda, 2001
SINOPSE
Isabel a Católica (Susi Sánchez) envía á súa filla Juana (Pilar López de Ayala) a Flandes para que case con Felipe EL Hermoso (Liotti). Trátase dun matrimonio de carácter político que serve para selar e garantir unha alianza dinástica entre os Reis Católicos e o emperador de Alemaña Maximiliano I, co fin de illar a Francia. Seguindo a mesma política, concertouse o matrimonio de Catalina e Enrique VIII de Inglaterra. Con todo, Juana, locamente namorada do seu marido, non podía soportar as súas infidelidades; o seu desmesurado amor desembocaba con frecuencia en terríbeis e enfermizos ataques de celos. Esta situación unida ás intrigas da corte contribuíron a deteriorar a relación matrimonial. Un gran éxito de despacho de billetes en España. Foi, ademais, seleccionada pola Academia de Cinema española para os Óscar. (FILMAFFINITY)

JUAN NADIE / MEET JOHN DOE, Frank Capra, 1941
SINOPSE
Cando un magnate compra un xornal e despide a case todo o persoal, unha intrépida xornalista decide publicar unha falsa e incendiaria carta que leva a firma de Xoán Ninguén. Nela anúnciase o suicidio dun dos empregados despedidos. O éxito do artigo é tal que o xornal decide crear un Xoán Ninguén e, con este fin, contrata a un vagabundo que acaba converténdose nun personaxe extraordinariamente popular. (FILMAFFINITY)
JOHNNY ENGLISH, Peter Howitt, 2003
SINOPSE
Detrás do roubo das xoias da Coroa, escóndese Pascal Sauvage (John Malkovich), que tamén conspira para apoderarse do trono. Encárganlle a investigación do caso a Johnny English (Rowan Atkinson), un axente tan entregado ao traballo como inexperto. Desde ese momento a información confidencial, os coches de luxo e a tecnoloxía máis sofisticada forman parte da súa rutina diaria. A súa firme determinación para chegar ao fondo do asunto verase reforzada cando coñeza á axente dobre Lorna Campbell e namore dela. (Natalie Imbruglia). (FILMAFFINITY)

JOBS, Joshua Michael Stern, 2013
SINOPSE
Biografía de Steve Jobs (1955-2011), o emprendedor máis importante dos Estados Unidos e cofundador de Apple, que se centra sobre todo nos seus primeiros anos como creador e empresario. Só se necesita unha persoa para empezar unha revolución. A película conta a épica e turbulenta historia de Jobs mentres abría un camiño que cambiou o mundo tecnolóxico para sempre. (FILMAFFINITY)

JANE EYRE, Cary Joji Fukunaga, 2011
SINOPSE
Jane Eyre, unha rapariga educada nun orfanato e de triste infancia, é contratada por Edward Rochester para traballar como institutriz dunha nena en Thornfield House. A illada e sombría mansión, así como a inicial frialdade do dono da casa poñen a proba a fortaleza da muller. Con todo, aos poucos empeza a namorar del. (FILMAFFINITY)

JAMES Y EL MELOCOTÓN GIGANTE / JAMES AND THE GIANT PEACH, Henry Selick, 1996
SINOPSE
Tras a morte dos seus pais, o pequeno James vese obrigado a vivir cos seus dous crueis e repulsivas tías. A visita dun estraño personaxe, unha araña á que salva, proporciónalle un medio para escapar: un pexego xigante que comeza a crecer desmesuradamente no seu xardín. Cando se introduza dentro del coñecerá a outros pintorescos personaxes. (FILMAFFINITY)

INTOCABLE / INTOUCHABLES, Olivier Nakache, Eric Toledano, 2011
SINOPSE
Philippe, un aristócrata millonario que quedou tetrapléxico por mor dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal recentemente saído do cárcere. Aínda que, á primeira vista, non parece a persoa máis indicada, os dous acaban logrando que convivan Vivaldi e Earth Wind and Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, aos poucos, conxenian até forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada, unha relación única na súa especie da que saltan faíscas. (FILMAFFINITY)

INTELIGENCIA ARTIFICIAL/ A. I. ARTIFICIAL INTELLIGENCE, Steven Spielberg, 2001
SINOPSE
Nun mundo futuro, os seres humanos conviven con sofisticados robots chamados Mecas. Os sentimentos son o único que diferencia as persoas das máquinas. Pero, cando a un robot-neno chamado David se programa para amar, as paersoas non están preparadas para as consecuencias, e David atoparase só nun estraño e perigoso mundo. (FILMAFFINITY)
INTACTO, Juan Carlos Fresnadillo, 2001
SINOPSE
Federico ten o don de arrebatarlle a sorte aos que lle rodean. Traballa gafando aos xogadores con sorte nun Casino remoto, propiedade de 'o deus do azar' Sam, un sobrevivente do holocausto xudeu. Pero Federico desexa deixalo, polo que Sam quítalle o don do mesmo xeito que llo concedeu. Sete anos máis tarde, Federico cre atopar en Tomás, único sobrevivente dun accidente aéreo, o instrumento da súa vinganza para volver ao Casino e retar a Sam. (FILMAFFINITY)
HOTEL RWANDA, Terry George, 2004
SINOPSE
1994, guerra civil de Ruanda. Os odios ancestrais entre os hutu (a etnia dominante) e os tutsi provocan o asasinato do presidente do país, disturbios nas rúas e, finalmente, unha terríbel matanza dos tutsi. Paul, que é hutu, traballa como xerente dun hotel de luxo de Kigali e, cando empezan os disturbios, decide que o mellor refuxio é precisamente o hotel. E cara alí organiza unha fuxida desesperada acompañado non só da súa familia, senón tamén dos seus veciños tutsi. Baseada en feitos reais. (FILMAFFINITY)
HEROÍNA, Gerardo Herrero, 2005
SINOPSE
Na década dos 80, Pilar, unha muller madura, casada e moi corrente, descobre que un dos seus tres fillos é adicto á heroína. Despois dun período inicial de incerteza, entra en contacto con outros pais que se atopan nunha situación similar e que acoden a un precario centro municipal de axuda ao toxicómano.Moi pronto dáse conta de que para salvar ao seu fillo son moitas as cousas que teñen que cambiar tanto fóra como dentro de casa. Así é como emprenderá xunto con outros pais, mais, sobre todo, nais, unha ardua campaña de denuncia do narcotráfico en Galicia. (FILMAFFINITY)

HARRY POTTER Y LA PIEDRA FILOSOFAL / HARRY POTTER AND THE SORCERER'S STONE, Chris Columbus, 2001
SINOPSE
O día en que cumpre once anos, Harry Potter decátase de que é fillo de dous destacados feiticeiros, dos que herdou poderes máxicos. Na escola Hogwarts de Maxia e Feitizos, onde se educa con outros nenos e nenas que tamén teñen poderes especiais, aprenderá todo o necesario para ser meigo. (FILMAFFINITY)

HARRY POTTER Y LA ORDEN DEL FÉNIX (2007) / HARRY POTTER AND THE ORDER OF THE PHOENIX, David Yates, 2007
SINOPSE
As tediosas vacacións en casa dos seus tíos aínda non acabaron e Harry atópase máis inquieto que nunca. Apenas tivo noticias de Ron e Hermione e ten o presentimento de que algo estraño está a suceder en Hogwarts. En efecto, cando por fin empeza o curso, os seus temores fanse realidade. O Ministerio de Maxia nega que Voldemort regresase e inicia unha campaña de desprestixio contra Harry e Dumbledore, encomendando á horrible profesora Dores Umbridge a tarefa de vixiar todos os seus movementos. Así, pois, ademais de sentirse só e incomprendido, Harry sospeita que Voldemort pode adiviñar os seus pensamentos e intúe que o temible mago trata de apoderarse dun obxecto secreto que lle permitiría recuperar o seu destrutivo poder. (FILMAFFINITY)

HARRY POTTER Y LA CÁMARA SECRETA / HARRY POTTER AND THE CHAMBER OF SECRETS, Chris Columbus, 2002
SINOPSE
Terminado o verán, Harry (Radcliffe) non ve a hora de abandonar a casa dos seus odiosos tíos, mais, inesperadamente preséntase no seu dormitorio Dobby, un elfo doméstico, que lle anuncia que correrá un gran perigo se volve a Hogwarts. A pesar dos esforzos do elfo por retelo, Harry é rescatado por Ron e os seus irmáns, coa axuda dun coche voador, e recibido cos brazos abertos no cálido fogar dos Weasley.
A pesar de que a Harry e a Ron lles impiden entrar na plataforma 9 ¾ e subir ao Expreso de Hogwarts, eles chegan a tempo de empezar o novo curso. As fazañas do noso heroe xa se estenderon por todo o colexio, converténdoo no centro dunha atención non desexada. Entre os seus novos admiradores está Ginny (Bonnie Wright), a irmá pequena de Ron; o aspirante a fotógrafo Colin Creevey (Hugh Mitchell) e Gilderoy Lockhart ( Branagh), o novo e vaidoso profesor de defensa contra as artes escuras.
Con todo, nin sequera Lockhart pode ofrecer unha explicación plausible nin unha solución eficaz para combater o terror que se está apoderando do colexio. En tal circunstancia, a atención céntrase en Harry, pero todos empezan a dubidar del. Todos, excepto Ron, Hermione e a pequena e fráxil Ginny, que vive envorcada no seu novo e misterioso diario. Pero Harry non decepcionará aos seus amigos e enfrontarase á escura forza que axexa Hogwarts. (FILMAFFINITY)

HARRY POTTER Y EL PRISIONERO DE AZKABAN / HARRY POTTER AND THE PRISIONER OF AZKABAN, Alfonso Cuarón, 2004
SINOPSE
Cando Harry Potter e os seus amigos volven a Hogwarts para cursar o seu terceiro ano de estudos, vense involucrados nun misterio: da prisión para magos de Azkaban fuxiu Sirius Black, un perigoso mago que foi cómplice de Lord Voldemort e que tentará vingarse de Harry Potter. O mozo aprendiz de mago contribuíu en gran medida á condena de Sirius, polo que hai razóns para temer pola súa vida. (FILMAFFINITY)

HARRY E HIJO / HARRY & SON, Paul Newman, 1984
SINOPSE
Harry, un home viúvo que traballa na construción, está a pasar malos momentos por motivos de saúde. Cando, de maneira involuntaria, case mata a un compañeiro, decide buscar un novo traballo. Ten un fillo adolescente, un tanto irresponsábel, que non entende o malhumor do seu pai, sobre todo, cando lle aconsella que busque traballo. Ademais, o mozo soña con ser escritor, pero só llo conta á súa amiga Katy. (FILMAFFINITY)

HAMLET, Kenneth Branagh, 1996
SINOPSE
Cando Hamlet, o príncipe herdeiro de Dinamarca, regresa á súa patria, recibe a noticia de que o seu pai morreu e de que a súa nai, a raíña Gertrudis, vai casar co seu tío Claudio. O espectro do seu pai revélalle que Claudio é o responsábel da súa morte. A partir de entón, Hamlet só pensará en vingar a morte do seu proxenitor. (FILMAFFINITY)

HA NACIDO UNA ESTRELLA / A STAR IS BORN, William A. Wellman, 1937
SINOPSE
Esther Blodgett, unha ambiciosa e intelixente moza do rural, chega a Hollywood. Nunha festa na que traballa como camareira coñece a Norman Maine, un famoso actor en decadencia. Para sorpresa de Esther, Norman ofrécelle un papel nunha película e, tras realizar unha proba, o produtor queda impresionado e decide convertela nunha estrela. Norman e Esther casan, pero a felicidade vese embazada polo declive do actor e o fulgurante éxito de Esther. (FILMAFFINITY)

GRITOS EN EL PASILLO, Juanjo Ramírez, 2007
SINOPSE
Nesta película realizada con cacahuetes como personaxes, un prestixioso ilustrador de contos infantís é contratado polo director dun manicomio. A súa misión alí será decorar as paredes cos seus debuxos, para mellorar o ambiente do lugar. Parece un traballo fácil, mais as cousas complícanse cando o debuxante descobre un escuro corredor tras o que se escoitan uns berros arrepiantes... (FILMAFFINITY)

GRAVITY, Alfonso Cuarón, 2013
SINOPSE
Mentres reparan un satélite fóra da súa nave, dous astronautas sofren un grave accidente e quedan flotando no espazo. Son a doutora Ryan Stone, unha brillante enxeñeira que realiza a súa primeira misión espacial, e o veterano astronauta Matt Kowalsky. A misión exterior parecía rutineira, pero unha choiva de lixo espacial alcánzalles e prodúcese o desastre: o satélite e parte da nave quedan esnaquizados, deixando a Ryan e Matt completamente sós, momento a partir do cal tentarán por todos os medios buscar unha solución para volver á Terra.(FILMAFFINITY)
GRAND HOTEL, Edmund Goulding, 1932
SINOPSE
As diferentes historias dos hóspedes dun elegante hotel é o argumento deste filme de brillante reparto. Obtivo tan só un Óscar, mais foi o de mellor película. (FILMAFFINITY)

GRAN TORINO, Clint Eastwood, 2008
SINOPSE
Walt Kowalski (Clint Eastwood), un veterano da guerra de Corea (1950-1953), é un obreiro xubilado do sector do automóbil que enviuvou recentemente. A súa máxima paixón é coidar do seu máis prezado tesouro: un coche Gran Torino de 1972. É un home inflexíbel e rosmón, ao que lle custa traballo asimilar os cambios que se producen ao seu redor, especialmente a chegada de multitude de inmigrantes asiáticos ao seu barrio. Con todo, as circustancias farán que se vexa obrigado a reformularse as súas ideas. (FILMAFFINITY)

GOSFORD PARK, Robert Altman, 2001
SINOPSE
Novembro de 1932. Godsford Park é a magnífica mansión campestre á que Sir William McCordle e a súa esposa Lady Sylvia convidan a familiares e amigos para unha partida de caza. Os convidados son moi dispares: unha condesa, un heroe da Primeira guerra mundial, o ídolo de masas Ivor Novello, e un produtor de cinema norteamericano. Mentres os invitados ocupan as luxosas habitacións de arriba, os seus criados conviven abaixo coa servidume dos anfitrións. Con todo, non todo é o que parece, nin entre os hóspedes nin entre os criados que se afanan polo benestar dos seus amos. (FILMAFFINITY)
GOMORRA, Matteo Garrone, 2008
SINOPSE
Poder, diñeiro e sangue: estes son os valores aos que os habitantes das provincias de Nápoles e Caserta teñen que enfrontarse cada día. Non hai elección; non teñen máis remedio que obedecer as leis da Camorra. Só uns poucos afortunados poden levar unha vida normal. (FILMAFFINITY)
GLADIATOR, Ridley Scott, 2000
SINOPSE
No ano 180, o Imperio Romano domina todo o mundo coñecido. Tras unha gran vitoria sobre os bárbaros do norte, o ancián emperador Marco Aurelio (Richard Harris) decide transferir o poder a Máximo (Russell Crowe), bravo xeneral dos seus exércitos e home de inquebrantábel lealdade ao imperio. Pero o seu fillo Cómodo (Joaquin Phoenix), que aspiraba ao trono, non o acepta e trata de asasinar a Máximo. (FILMAFFINITY)

GIGI, Vincente Minnelli, 1958
SINOPSE
París, 1900. Gaston é un mozo millonario que se aburre, a pesar de ser o solteiro máis perseguido de toda a cidade. Gigi é case unha nena, non ten aínda idade para bailes e amoríos. Pero Gaston é amigo da súa familia e a visita con frecuencia. A avoa de Gigi soña cunha voda entre Gastón e a súa neta. Pero os plans de Gaston con respecto a Gigi non teñen nada que ver co matrimonio. (FILMAFFINITY)
GANGS OF NEW YORK, Martin Scorsese, 2002
SINOPSE
Nova York, 1863. A cidade está dominada pola corrupción política, e a guerra entre bandas provoca mortos e disturbios. Neste contexto, o mozo inmigrante irlandés Amsterdam Vallon (Leonardo DiCaprio) quere vingarse de William Cutting, "Bill o carniceiro" (Daniel Day-Lewis), o home que matou o seu pai (Liam Neeson). (FILMAFFINITY)

GANDHI, Richard Attenborough, 1982
SINOPSE
Despois de defender os dereitos dos cidadáns negros en Sudáfrica, Mahatma Gandhi, considerando que tamén os hindús son cidadáns de segunda clase na súa propia terra, incítaos a sublevarse contra o Imperio Británico mediante a doutrina da non-violencia e a desobediencia civil, liderando o movemento que levou á India, até entón unha colonia, a independizarse dos británicos nos anos 40. (FILMAFFINITY)

FULL MONTY, Peter Cattaneo, 1997
SINOPSE
O peche da fábrica de aceiro de Yorkshire deixa sen traballo a case toda a poboación masculina. Gaz, un dos obreiros afectados, perderá o dereito de ver ao seu fillo se non consegue diñeiro para pagar a pensión de manutención familiar á súa muller. No medio da desesperación, ocórreselle unha idea, a primeira vista disparatada, e exponlla aos amigos que están na mesma situación: organizar un espectáculo de strip- tease. (FILMAFFINITY)

FUERA DE COBERTURA /SHADOW RUN, Geoff Reeve, 1998
SINOPSE
Haskell (Michael Caine) é un criminal ao que o aristócrata Landon-Higgins (James Fox) lle encarga o gran traballo da súa vida: roubar a plena luz do día un furgón blindado que transporta 110 millóns de libras. Naturalmente, Haskell coñece todos os datos necesarios para levar a cabo a operación; con todo, á hora da verdade, as cousas non son tan fáciles. (FILMAFFINITY)

FRESA Y CHOCOLATE, Tomás Gutiérrez Alea, Juan Carlos Tabío, 1993
SINOPSE
David (Vladimir Cruz) é un comunista convencido que estuda socioloxía na Universidade da Habana. Diego (Jorge Perugorría) é un artista homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesar das abismais diferenzas que os separan, entre eles xorde unha profunda amizade. (FILMAFFINITY)

FRANKENSTEIN, James Whale, 1931
SINOPSE
O doutor Henry Von Frankenstein acomete un experimento tenebroso: construír, a partir de fragmentos de cadáveres, un novo ser humano. Coa axuda do seu criado Fritz, entra durante a noite nos cemiterios da localidade para arrincar aos cadáveres as partes que necesita. O que ignora é que o cerebro que utilizou no seu experimento pertencera a un criminal. (FILMAFFINITY)

FLORES DE OTRO MUNDO, Icíar, Bollaín, 1999
SINOPSE
Patricia, unha dominicana, busca un fogar e unha seguridade económica que a súa situación de inmigrante ilegal non lle permite alcanzar en Madrid. Milady, unha cubana de vinte anos, soña con percorrer o mundo. Marirrosi, unha bilbaína con casa e traballo, vive na máis completa soidade, unha soidade como a que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, veciños de Santa Eulalia, unha aldea sen mulleres. Grazas a unha festa organizada polos solteiros da aldea, uns e outras se coñecen e comeza unha agridoce historia de convivencias, ás veces imposíbeis. (FILMAFFINITY)

FALSAS APARIENCIAS / THE WOLE NINE YARDS, Jonathan Lynn, 1999
SINOPSE
Aínda que a súa muller é insoportábel, Nicholas, un novo dentista de Montreal, leva unha vida bastante tranquila. As cousas cambian coa chegada dun novo veciño: Jimmy “O Tulipán”, un temido e reputado asasino a soldo. Despois de delatar ao seu xefe, o capo mafioso Yanni Gogolack, Jimmy tenta empezar unha nova vida nos arredores de Montreal. (FILMAFFINITY)

EXTRAÑOS EN UN TREN / STRANGERS ON A TRAIN, Alfred Hitchock, 1951
SINOPSE
Inspirada na novela homónima de Patricia Higsmith. Durante unha viaxe en tren, Guy, un novo campión de tenis (Farley Granger), é abordado por Bruno (Walker), un mozo que coñece a súa vida e milagres a través da prensa e que, inesperadamente, lle propón un dobre asasinato, pero intercambiando as vítimas co fin de garantirse reciprocamente a impunidade. Así poderían resolver os seus respectivos problemas: el eliminaría á muller de Guy (que non quere concederlle o divorcio) e, a cambio, Guy debería asasinar o pai de Bruno para que este puidese herdar unha gran fortuna e vivir ao seu aire. (FILMAFFINITY)

ESTACIÓN TERMINI / STAZIONE TERMINI, Vittorio de Sica, 1953
SINOPSE
O drama desenvólvese na estación de tren de Roma (a estación Termini). Despois de pasar unhas vacacións en Italia, Mary Forbes, unha americana casada e cunha filla, debe resolver un terrible dilema: coller o tren para regresar ao seu pais coa súa familia e renovar a súa monótona vida ou quedar con Giovanni, o seu mozo amante, o seu verdadeiro amor. (FILMAFFINITY)

ESPLENDOR EN LA HIERBA / SPLENDOR IN THE GRASS, Elia Kazan, 1961
SINOPSE
Nunha localidade rural de Kansas, dous mozos que pertencen a ambientes sociais moi distintos ámanse e deciden non separarse xamais; pero a desaprobación das súas familias e certos intereses alleos aos seus sentimentos acabarán decidindo a súa sorte. (FILMAFFINITY)

ESPARTACO / SPARTACUS, Stanley Kubrick, 1960
SINOPSE
Espartaco era un escravo tracio que foi vendido como gladiador a Léntulo Batiato. En Italia promoveu e dirixiu a rebelión dos escravos (73-71 a. C.) contra a República romana. A medida que percorrían o país, innumerábeis escravos íanse sumando á rebelión. Espartaco tentará chegar co seu exército ao sur de Italia para poñer rumbo aos seus fogares. (FILMAFFINITY)

ERIN BROCKOVICH, Steven Soderbergh, 2000
SINOPSE
Erin Brockovich é unha nai solteira que consegue un posto de traballo nun pequeno despacho de avogados/as. A súa personalidade pouco convencional fará que os seus comezos non sexan demasiado alentadores, pero todo cambiará cando decida investigar o estraño caso duns clientes que padecen unha sospeitosa enfermidade. (FILMAFFINITY)

ENCUENTROS EN LA TERCERA FASE / CLOSE ENCOUNTERS OF DE THIRD KIND, Steven Spielberg, 1977
SINOPSE
Unha noite, preto da súa casa, en Indiana, Roy Neary (Richard Dreyfuss) observa no ceo uns misteriosos obxectos voadores. Desde entón vive tan obsesionado por comprender o que viu que se distancia da súa esposa (Teri Garr). Atopa apoio en Jillian Guiler (Melinda Dillon), unha muller que tamén foi testemuña dos mesmos feitos. Xuntos tentan atopar unha resposta ao misterio que alterou as súas vidas. Ao mesmo tempo, un nutrido grupo de científicos/as internacionais, baixo a dirección de Claude Lacombe (François Truffaut), empeza a investigar as aparicións de ovnis e outros estraños fenómenos. (FILMAFFINITY)

EN TIERRA DE NADIE / NO MAN'S LAND, Danis Tanovic, 2001
SINOPSE
Guerra de Bosnia, 1993. Dous soldados de bandos distintos, un bosnio e un serbio, atópanse atrapados entre as liñas inimigas, en terra de ninguén. Un sarxento dos cascos azuis das Nacións Unidas disponse a axudalos, contravindo as ordes dos seus superiores. Os medios de comunicación non tardan en converter o asunto nun show mediático de carácter internacional. Mentres a tensión bélica crece e a prensa espera pacientemente novas noticias, os dous soldados tentarán por todos os medios saír con vida de tal situación. (FILMAFFINITY)

EN PROL DUN VERSO: UXÍO NOVONEYRA (2010)
O escritor
Uxío Novoneyra chega aos centros educativos a través do DVD En prol dun verso: Uxío Novoneyra, un
documento audiovisual que busca achegarlle ao alumnado do noso país a figura e
a obra do autor galego. A Secretaría
Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da
Cultura promoveron esta obra como derradeira homenaxe a Uxío Novoneyra no 2010,
ano que a Real Academia Galega lle dedica ao escritor.
Entre
outros contidos, o DVD recolle imaxes de Uxío Novoneyra no Courel recitando os
seus propios poemas, unha oralidade única que engarza a memoria do poeta co
futuro, representado polos rapaces e rapazas da escola Seoane do Courel, que
acompañan o autor no recital dos seus versos.
Asemade, o
vídeo tamén intercala os testemuños e a análise literaria dos escritores Manuel
Forcadela e Marica Campo, da crítica Dolores Vilavedra e do amigo e membro do
grupo Brais Pinto Herminio Barreiro.
Ademais, o
DVD acompáñase dunha unidade didáctica para afondar na figura e na obra do
autor a partir do vídeo, dirixida, principalmente, ao alumnado de secundaria
(ESO e bacharelato). (www.codigocero.com)
EL VIAJE DE CHIHIRO / SEN TO CHIHIRO NO KAMIKAKUSHI, Hayao Miyazaki, 2001
SINOPSE
Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses/as de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en porcos, Chihiro séntese moi soa e asustada. (FILMAFFINITY)
EL ÚLTIMO GRAN MAGO / DEATH DEFYING ACTS, Gillian Armstrong, 2007
SINOPSE
Cando Harry Houdini (Guy Pearce), o famoso mago escapista, chega a Edimburgo na súa xira mundial, ofrece unha gran recompensa á persoa capaz de poñerse en contacto co espírito da súa nai recentemente falecida. Mary (Catherine Zeta-Jones), unha atractiva e misteriosa médium e parapsicóloga escocesa, acepta o desafío atraída polo diñeiro. Houdini fará todo o posíbel por desenmascarar á misteriosa muller, mais non poderá evitar sentirse cada vez máis atraído por ela... (FILMAFFINITY)
EL ÚLTIMO EMPERADOR / THE LAST EMPEROR, Bernardo Bertolucci, 1987
SINOPSE
Pequín, 1908. China atópase en plena decadencia. Pu Yi, un neno de tres anos, é arrincado dos brazos da súa nai, no medio da noite, e conducido ata a Cidade Prohibida, onde é coroado emperador, pero terá que vivir recluído dentro deste recinto inaccesíbel. (FILMAFFINITY)

EL TERCER HOMBRE / THE THIRD MAN, Carol Reed, 1949
SINOPSE
Comezos da Guerra Fría, en Viena, 1947. O norteamericano Holly Martins, un mediocre escritor de novelas do Oeste, chega á capital austríaca cando a cidade está dividida en catro zonas ocupadas polos estados aliados da II Guerra Mundial. Holly vai visitar a Harry Lime, un amigo da infancia que lle prometeu traballo. Mais a súa chegada coincide co enterro de Harry, que morreu atropelado por un coche en plena rúa. O xefe da policía militar británica faille saber a Martins que Lime estaba gravemente implicado no mercado negro. Pero a Martins non lle cadra un detalle: todos din ver a dous homes no lugar do atropelo tentando axudar a Lime, pero unha testemuña asegura ver a un terceiro home... Adaptación da novela homónima de Graham Greene.
(FILMAFFINITY)

EL SUR, Víctor Erice, 1983
SINOPSE
“A Gaivota” é un caserón situado nos arredores dunha cidade do norte de España. Nela viven Agustín, médico e zahorí, a súa muller, mestra represaliada polo franquismo, e a súa filla Estrela. A nena, desde a súa infancia, sospeita que o seu pai oculta un segredo. (FILMAFFINITY)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)